PROVINCIA
O Círculo Podemos Pontevedra insta a "recuperar a AP9 para a cidade"
O Círculo Podemos Pontevedra manifesta a súa satisfación tralo desbloqueo do debate sobre a transferencia da AP9 na mesa do Congreso e polo que podería supoñer, tamén, para a cidade de Pontevedra.
Nese sentido, o voceiro de Podemos Pontevedra, José Ramón Otero considera que “cos cartos que custaría construir unha via de alta capacidade paralela á AP9 como é a A57, proxectada na lei de estradas do Estado dende A Coruña a O Porriño, e que xa comezou a súa construcción na cidade de Pontevedra, poderiamos recuperar a AP9 e evitamos duplicar vias para finalmente ter que pagar a AUDASA polo lucro cesante”.
Otero é o representante do Círculo Podemos Pontevedra, grupo "inmerso nunha nova etapa de expansión e consolidación da súa presencia no municipio, co obxectivo de abordar e facer propostas públicas sobre as cuestións que afecten e podan beneficiar á cidade e a súa xente". A activade do Círculo Podemos Pontevedra vaise ver reforzada polos tres deputados e deputadas de Pontevedra que, desde En Marea (por Podemos) traballan tamén pola súa cidade de orixe: Marcos Cal e Julia Torregrosa no Parlamento de Galicia e Ángela Rodríguez no Congreso.
Importancia da AP9
"Pola importancia que ten esta autoestrada para o noso desenvolvemento e transcorrer únicamente por territorio galego, é de sentido común e o máis eficiente que sexa xestionada dende a administración galega, puidendo supervisar e negociar directamente coa empresa as mellores solucións atendendo ó ben común, xa que o desleixo do Goberno central durante estos anos, ten permitido que AUDASA leve catro anos consecutivos encabezando o ranking de reclamacións de todo o estado, sen ser sancionada, nin apercibida de ningunha maneira" sinalan.
Engaden que "a situación que se agravou os últimos meses cos continuos atascos, resultando que AUDASA estivo cobrando por un servizo que non estivo dando coa complicidade do PP no Goberno Central". “Un control de proximidade permítenos unha maior capacidade de exercer presión para obter o mellor servizo”, asegura Cal que, sinala que “as autoestradas de peaxe son unha anomalía na rede de estradas, por deixar en mans de especuladores tramos estratéxicos da rede, perxudicando o desenvolvemento económico e social do País para beneficio duns poucos, e no caso da AP9 a inxustiza é maior por ser a autoestrda do Estado que remataría máis tarde a súa concesión, no 2048, algo que non podemos permitir”.
"Máis a transferencia non é a meta final, así o defendeu Cal no debate da ponencia da transferencia da AP9 no Parlamento de Galicia, xa que a actuación definitiva debe ser a reconversión para o público da AP9 para rematar coa anomalía que supón que tramos da rede de estradas do estado, estratéxicos e determinantes para o noso desenvolvemento estean en mans de especuladores, que como no caso da AP9, gañan, antes de impostos, un de cada dous euros que deixamos nas peaxes, uns beneficios so ó alcance de monopolios de facto, por dar ademáis un servizo de pésima calidade" aseguran.
O deputado defendeu as enmendas do grupo de En Marea propoñendo que no momento que a administración galega decidise recuperar a xestión directa, se incluiría nos orzamentos do Estado do ano seguinte a partida precisa, podendo así salvar o obstáculo que supoñen os orzamentos aprobados xa este ano.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217