PROVINCIA
Rematan esta fin de semana as exitosas visitas teatralizadas ao Castelo de Sobroso
É unha iniciativa enmarcada dentro da estratexia de posta en valor do Castelo impulsada pola Deputación de Pontevedra
![[Img #42730]](upload/img/periodico/img_42730.jpg)
O Castelo de Sobroso acolle entre hoxe e mañá as últimas visitas teatralizadas postas en marcha pola Deputación de Pontevedra dentro da súa estratexia para poñer en valor esta fortaleza. A fin de semana do 16 e 17 de xuño tiveron lugar as primeiras visitas, que se completan con estas de hoxe 29 de xuño e mañá 30 de xuño. Todas elas tiveron e teñen grande éxito de participación, o que o demostra que, a mediados deste mes de xuño, se esgotara o aforo para as visitas tan só dúas horas despois da súa posta a disposición ao público.
A deputada provincial Chelo Besada vai participar na visita desta tarde, ás 17:00 h., e mañá sábado, ás 11:30 h., gozará da visita a deputada Digna Rivas, así como o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas.
As visitas teatralizadas diríxense especialmente ao público familiar e buscan dar a coñecer unha parte da nosa historia de xeito ameno e divertido. Dona Urraca e Pedro Madruga, personaxes con pegada no Castelo, son os protagonistas da iniciativa. Deste xeito, as persoas que participan poden coñecer, por exemplo, que dona Urraca estivo presa en Sobroso e fuxiu por un pasadizo, ou que Pedro Madruga reconstruíu a fortaleza despois das revoltas Irmandiñas. Preténdese así achegar, sobre todo aos máis novos e novas, a historia de maneira máis doada, así como amosar a natureza, o patrimonio e a paisaxe do Castelo de Sobroso e de toda a contorna.
A Deputación de Pontevedra enmarca estas visitas dentro da estratexia de posta en valor do Castelo de Sobroso e dentro da campaña “Somos Historias” que dedica o mes de xuño ao patrimonio inmaterial. A Deputación continúa así no seu obxectivo de converter o Castelo de Sobroso noutro importante foco de atracción de visitantes, ao igual que o Castelo de Soutomaior.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217