SALVATERRA DE MIÑO
Lazoiro e o Concello impulsan a protección de comunidades de avión común e avión zapador
A asociación Lazoiro e o Concello de Salvaterra de Miño, en colaboración coa A.G.P.L.C.B. (Asociación Gallega para la Conservación de la Biodiversidad) traballan para consagrar Salvaterra como un dos grandes refuxios de Avión Común (Andoriña das vilas) e Avión Zapador (Andoriña das barreiras) de Galiza
![[Img #42765]](upload/img/periodico/img_42765.jpg)
A andoriña das vilas e a andoriña das barreiras, son duas especies de aves que forman colonias en zonas urbanas, preto de rios ou grandes masas de auga. As andoriña das vilas construen os seus niños en edificios, pontes, ou muros, e fano xuntando boliñas de barro que cementan co seu propio cuspe, dando lugar a unhas curiosas construccións redondas.
A vila de Salvaterra de Miño conta cunha das maiores poboacións de avións de toda Galiza, contando no ano 2016 con arredor de 400 niños de parellas reprodutoras. A pesar disto, nos últimos tempos, tense producido un grave e acentuado descenso desta poboación debido ao uso de pesticidas e diversos tipos de químicos, así como pola redución do seu hábitat de caza. Por outra banda, o deseño dos edificios modernos, que carecen de lugares axeitados para aniñar, engadido á destrución dos niños por parte dos humanos (actividade que está penada con multas entre 5000 e 200000 € de multa), repercute de forma moi negativa nestas poboacións.
Esta situación non só é preocupante dende o punto de vista da biodiversidade, senón que por engadido, a base alimentar destas especies son os mosquitos, trazas e outros insectos , actuando deste xeito como regulador das poboacións destes invertebrados.
Por todo isto, dende Lazoiro e co apoio do Concello e da A.G.P.L.C.B. inician unha campaña de concienciación e protección destas aves. Para isto realizouse unha limpeza das zonas sensíbeis de ser usadas como niño por estas aves, así como a colocación de carteis informativos, acompañados dunha labor explicativa sobre os beneficios destes animais.
Como conclusión, esta campaña contará ademais cunha segunda parte, onde Lazoiro solicitou a construción dun muro que sirva de emprazamento principal para os niños destas aves, permitindo así unha mellor protección, a realización de estudos avanzados e minimizando as molestias aos veciños. Esta solicitude conta co visto bo por parte do Concello, que xa solicitou un proxecto de xeito a comezar canto antes as obras e asegurar a protección destas curiosas e alegres veciñas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180