OIA
Terceira Edición do Festival Costa dos Castros en Oia, esta fin de semana
Esta fin de semana se celebra a Terceira Edición do Festival Costa dos Castros, un evento cultural de música e patrimonio histórico acollido no Concello de Oia, no que vos atoparedes con música folk variada, narración oral tradicional, así como a riqueza do patrimonio e os diversos atractivos locais.
Abride as vosas axendas, xa que tedes unha cita o 6, 7 e 8 de xullo.
Comezaremos a fin de semana contando cos grupos locais “Tra-lo Mosteiro” e “As Caramuxas”, as veciñas do concello de Tomiño “Pandereteiras Virxe do Alivio” que xunto con “A Fiada” completarán as actuacións do venres e remataremos a festa cun serán onde pode que se descubran novos talentos.
Non quededes sen folgos para o sábado e deixádevos levar polos rapaces e rapazas de San Xerome Emiliani co seu grupo “Xerock Percusión”, así mesmo “Folk Tarxa” e “Cantares do Silveiro – do noso pobo irmá Oiã” continuarán coa música e ben seguro que conseguen sacarvos máis dun baile!
Pero non vos despistedes porque axiña chegará dende Ourense a banda de folk “Coanhadeira” para darvos forzas para seguir. Agardade ata o final e comprobaredes que unha gaita non é incompatible cun violín, unha batería ou unha guitarra eléctrica e un baixo cos músicos de “Virandeira”.
O derradeiro día teremos un encontro de Treboadas e será “Uxía & Magín Blanco (espectáculo infantil)” encargarase de non deixarvos marchar cun mal sabor de boca.
E como primicia, as 20 h do Domingo, se fará unha visita teatralizada ao Arrabal, co título “Contos do Arrabal”, interpretada polos participantes no Obradoiro de teatro veciñal “6x6 Punto de encontro” a cargo de Artística Vigo.
Ademais destes concertos poderedes desfrutar dos postos de artesanía, cantos de taberna e visitas guiadas á Igrexa.
Seguiremos informándovos sobre máis aspectos da programación e dos horarios para que non vos perdades nada. Máis información no facebook do Festival Costa dos Castros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136