Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 16 de Julio de 2018 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Vontade organiza actividades de turismo e deporte inclusivo

O proxecto foi presentado publicamente no Pantalán adaptado de Goián

[Img #43037]

 

O río Miño será o protagonista dun dos proxectos gañadores do Orzamento Participativo Transfronteirizo 2018
A Asociación de persoas con discapacidade Vontade de Tomiño organiza, durante o mes de xullo, actividades de turismo e deporte inclusivo. O pantalán adaptado de Goián, no Espazo Fortaleza, será o punto de partida das xornadas náuticas compartidas por Cerveira e Tomiño.


A semana pasada foi presentada ao público a actividade nun acto que tivo lugar no pantalán adaptado de Goián. Presidido pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o acto foi o punto de partida dunha serie de rutas turísticas e deportivas que teñen coma obxectivo amosar o patrimonio do río Miño e as súas áreas de influencia. Representantes da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira e da asociación Vontade, participaron tamén no acto celebrado a carón da praia fluvial de Goián.

 

Información e inscricións na Asociación Vontade. Teléfono 00 34 986 62 30  44 e info@vontade.org
O proxecto Deporte Náutico inclusivo foi presentado conxuntamente no OPT 2018 por Vontade e máis a Associação Desportiva e Cultural da Juventude de Cerveira, e terá continuidade no Outono coa divulgación do deporte do remo entre escolares de 8 a 18 anos de ambos os dous concellos.


O Orzamento participativo transfronteirizo forma parte da Axenda Estratéxica de Cooperación Cerveira-Tomiño, un proxecto cofinanciado ao 75% pola convocatoria INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da UE.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.