Viernes, 02 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 13 de Julio de 2018 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Este sábado en Praia América o festival da pintura 'Nigrán Paint Party'

A festa, nacida en Ibiza, combinará música electrónica en directo con choiva de 2.000 litros de pintura ecolóxica, canóns de CO2, espectáculo pirotécnico, animación...

[Img #43061]

 

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 14 de xullo unha proposta de ocio destinada ao público máis xuvenil e animado e tamén ás familias: a 'Nigrán Paint Party' ou Festival da Pintura, un concepto novo de diversión nacido en Ibiza que combinará durante todo o día a música electrónica en directo con choiva de pintura, espectáculo pirotécnico, efectos visuais, animación, megatrón... O evento, con sesión infantil gratuíta de 12.00 a 14.00 horas e para maiores de 16 anos de 15.00 a 23.00 horas, está previsto para preto de 3.000 persoas e terá lugar en 1.500 m2  da zona de aparcamento de Praia América-Lourido. As entradas están á venda dende 10 euros en Woutick.

 

"Trátase dun evento moi animado que na súa estrena o ano pasado en Nigrán atraeu a milleiros de persoas que gozaron nun ambiente saudable e divertido. Terán cabida as familias completas porque pola mañá, e de xeito gratuíto, haberá unha sesión para os cativos de 12:00 a 14:00 horas", destaca o alcalde, Juan González.

 

A 'Midnight Nigran Paint Party' é unha experiencia completa onde o público, ademáis de empaparse de máis de 2.000 litros de pintura totalmente ecolóxica, baila con DJ’s nacionais e internacionais de primeiro nivel, goza de actuacións en directo, animación, espectáculo pirotécnico... A pintura, a gran protagonista, dispénsase desde oito canóns xunto ao macroescenario, dúas bombas con mangueira e caldeiros.

 

 

 

 

O evento, previsto para unhas 3.000 persoas, terá lugar este sábado de 15.00 a 23.00 horas na zona de aparcamento de Praia América e contará con sesión infantil gratuíta de 12.00 a 14.00 horas. As entradas están a venda dende 10 euros

 

 

 

 

"A marca 'Midnight' é un referente mundial neste tipo de eventos realizándoos por todo o país e acadando o recoñecemento por todo o planeta con residencias como Privilege Ibiza (a discoteca máis grande do mundo) ou Pacha La Pineda, a marca actual máis importante de ocio nocturno", engade André Vázquez dende a organización.

 

Os menores de idade (16 e 17 anos) que desexen acudir á sesión de 15:00 a 23:00 horas deberán presentar á entrada do festival unha autorización dos pais ou titores que poden descargar no link http://bit.ly/Autorizacion-Paint

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.