GALICIA
Máis de 50 concellos galegos reforzan este verán o persoal das súas oficinas de turismo
![[Img #43080]](upload/img/periodico/img_43080.jpg)
Durante este verán, máis de 50 concellos galegos reforzan o persoal das súas oficinas de turismo coa intención de mellorar a atención aos visitantes á Comunidade completando os servizos de información turística. Este reforzo é posible ao abeiro da liña de axudas convocada un ano máis pola Xunta de Galicia destinada aos concellos declarados municipios turísticos e a xeodestinos galegos.
Na edición deste ano benefícianse un total de 44 concellos das catro provincias e tres entidades locais –a Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol, o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e a Mancomunidade de concellos de O Carballiño, Ribadavia, Boborás e Leiro– que integran á súa vez máis de 30 concellos. Turismo de Galicia avanza así no seu traballo por impulsar a mellora da experiencia turística na nosa Comunidade e por continuar colaborando coas administracións locais.
Esta liña de axudas inclúese no programa de subvencións que Turismo de Galicia convocou este ano e que conta cun investimento global de preto de 6 millóns de euros dirixidos ao sector turístico, ás entidades locais e a diversos colectivos. Para o sector, inclúense actuacións de mellora nas infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e tamén para a cooperación entre pequenos operadores.
Para os concellos e entidades locais, ademais de colaborar na contratación de persoal nas oficinas de turismo dos municipios turísticos e xeodestinos, tamén se impulsan as actuacións de mellora nas súas infraestruturas e recursos. Ademais, inclúese unha partida para o apoio, promoción e difusión das festas declaradas de Interese Turístico de Galicia. Tamén se convocaron os Premios Camiño de Santiago e os Galicia Parabéns, co que a Xunta premia os esforzos dos concellos pola preservación das paisaxes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87