Lunes, 22 de Diciembre de 2025

Xornal21
Domingo, 22 de Julio de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Museo de Pontevedra bate récords e acada 57.444 visitantes

[Img #43083]

 

O Museo de Pontevedra bateu novos récords de visitas cos datos acadados no primeiro semestre de 2018. Nos primeiros seis meses recibíronse un total de 57.444 visitantes, o que supón máis de 3.300 persoas máis que no mesmo período do ano anterior, cando a cifra chegou aos 54.127. Segundo afirmaron tanto o deputado de Cultura Xosé Leal como o director do Museo Carlos Valle, os bos resultados débense principalmente ao "tirón" das exposicións programadas, pero tamén ao extenso e variado abano de actividades que teñen lugar diariamente nas instalacións provinciais.


O responsable de Cultura Xosé Leal destacou a súa satisfacción polo crecemento sostido no número de visitas e manifestou a importancia tanto de consolidar a asistencia habitual ás actividades do Museo, pero tamén, e sobre todo, de achegar a programación a novos públicos. Leal lembrou as ‘Visitas cruzadas' que nesta edición de 2018 foron un grande éxito incluso superando a boa acollida de 2017, dado que esgotaron as súas prazas en apenas minutos para coñecer desde unha perspectiva diferente obras que están en exposición permanente no Museo. "Estase a ver a potencialidade que ten o Museo de Pontevedra, tanto polos seus fondos como polas exposicións temporais. Estamos en boa liña e seguiremos a traballar para incrementar e diversificar aínda máis a tipoloxía das citas que se programan", apuntou Leal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.