Domingo, 09 de Noviembre de 2025

Xornal21
Sábado, 28 de Julio de 2018 Tiempo de lectura:
A GUARDA

O Alcalde da Guarda defende a construción dun dique-espigón

O rexedor aposta pola rexeneración do litoral da Lamiña e do Codesal

[Img #43101]

 

Despois de meses de espera e de reclamacións por parte do concello da Guarda pola falta de novas en relación coa erosión do litoral na praia da Lamiña, chegou ao concello da Guarda o esperado informe do Centro de Estudos e Experimentación de Obras Públicas (CEDEX). No estudo propóñense cinco alternativas de actuación para mellorar a situación actual. Segundo o escrito que acompaña ao informe, da recén nomeada “Directora General de Sostenibilidade de la Costa y el Mar”, Ana María Oroño Valenciano, estanse analizando as cinco alternativas propostas polos técnicos para contratar o correspondente proxecto construtivo e o estudio de impacto ambiental, dado que estamos falando dunha zona que pertence a Rede Natura 2000.

 

Para analizar e valorar as alternativas que propón o CEDEX o equipo de Goberno do concello da Guarda mantivo unha reunión monográfica a que acudiu tamén o presidente da Entidade Local Menor de Camposancos, Rafael Álvarez e o ex alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas. As conclusións desta reunión, ao entender do equipo do goberno, están na liña de defender os intereses do concello da Guarda e os valores mediombientais do espazo que sofre o problema erosivo, e pódense resumir, segundo o concello, en varias solucións.

[Img #43102]

 

"Débese evitar que a auga do río entre na zona inundable que está por dentro do cordón dunar, que segundo o informe ten unha extensión aproximada de 150×30 m".

 

"Débese evitar que continúe a erosión do litoral coa conseguinte perda do cordón dunar e da praia.
A solución que se adopte debe evitar a reprodución do problema no futuro polo que debe facilitar a rexeneración natural da praia e do ecosistema dunar. Non parece razoable gastar os cartos públicos en actuacións con risco de destrución como sucedeu na “escollera” do Codesal".

 

Para o concello resulta "de interese que a zona da praia que desapareceu pola erosión do litoral poida recuperarse como un espazo de uso público. Hai que lembrar que a praia do Muíño ten os distintivos de Bandeira Azul e Eco-Praia".

 

O concello entende que, "ademais das consideracións mediomambientais, debe terse en conta a preservación e mantemento do dominio público que é unha competencia de costas do Estado".

 

A raiz destas conclusións o equipo de goberno do concello da Guarda considera que, das cinco alternativas propostas polo CEDEX, a que mellor se axusta aos seus intereses é a alternativa 5, que propón a construción dun dique-espigón de “escollera” a baixa cota e lonxitude a determinar como continuación dos baixos entre as praias do Muíño e A Lamiña, cara ao este. Estas consideracións foron as que lle fixo chegar o alcalde da Guarda, Antonio Lomba á Xefa de Costas de Pontevedra, Cristina de Paz, nunha xuntanza mantida na mañá do pasado martes 10 de xuño.

 

Segundo o informe do CEDEX, Xa en 1979 o Plan Indicativo de Usos do Dominio Público do Litoral propuña a construción de catro espigóns e o vertido de áridos neste espazo, unha actuación que nunca se levou a cabo.

 

No ano 2015 o Servizo Provincial de Costas propuxo a e executou na zona próxima ao Codesal unha actuación de protección do litoral con sacos terreiros, ante a solicitude feita dende o consistorio local polo deslizamento do sendeiro próximo, actuación que na actualidade se atopa “en total ruina” e da que tamén se solicita a súa reparación dende o concello.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.