VIGO
O dispositivo de verán da Policía Local de Vigo dispón de 29 axentes para praias e montes
O alcalde de Vigo informou que xa comezou a traballar o dispositivo de verano da Policía Local para praias, montes e Illas Cíes. Serán catorce os axentes que este ano traballen nos areais e outros quince os que vixíen os montes vigueses.
Abel Caballero informou de que preto dunha trintena de axentes xa traballan desde a pasada fin de semana no dispositivo de verano da Policía Local de Vigo para as praias (incluídas as Illas Cíes) e os montes.
Así, un total de catorce policías vixían desde Bouzas e Alcabre ata Canido (con desprazamentos constantes a Saiáns e A Punta). Ademias, o servizo nas Illas Cíes faise o fin de semana e días alternos, de maneira que o número de axentes increméntase segundo a necesidade e fan servizo nocturno na illa os fines de semana e vísperas de festivo.
Pola súa banda, nos montes de Vigo traballan quince axentes distribuídos en patrulla rural, unidades motorizadas e unidade equina (7 cabalos). Recorren montes, Senda da Auga, Camiño de Santiago, ruta do Lagares, parques forestais e camiños de sendeirismo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104