PROVINCIA
200 nenos e nenas participan desde este domingo na cuarta quenda de “Depo Aventura A Lanzada”
Un total de 600 rapaces e rapazas de entre 8 e 13 anos xa desfrutaron,
no que vai de verán, deste programa impulsado pola Deputación de Pontevedra
![[Img #43133]](upload/img/periodico/img_43133.jpg)
A cuarta quenda dos campamentos de verán “Depo Aventura A Lanzada” será inaugurada este domingo pola deputada de Xuventude e Cohesión Social, Digna Rivas. No que vai de edición, 600 nenos e nenas participaron neste programa impulsado pola Deputación de Pontevedra e destinado a rapaces e rapaces de distintos puntos da provincia que teñan entre 8 e 13 anos. Estes campamentos, que rematarán o 8 de setembro, desenvólvense no Centro Vacacional A Lanzada.
Igual que nas anteriores, esta nova quenda contará con 200 participantes. A finalidade do programa é achegar á mocidade actividades que contribúan ao seu enriquecemento persoal, á adquisición de habilidades sociais e ao coñecemento de espazos de interese fóra da súa contorna habitual. Polo tanto, as actividades ofertadas serán de carácter lúdico-educativo, cultural, deportivo ou formativo.
En total, as prazas ofertadas pola institución provincial para este campamento de verán ascenderon a 2.200, sendo 300 delas gratuítas para aquelas familias que se atopen en situación ou risco de exclusión social, algo que o goberno de Carmela Silva leva facendo dende a súa chegada.
Os e as participantes están organizados en 11 quendas. Deben ser rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 8 e os 13 anos, nacidos entre o 2005 e o 2010, e que estean empadroados nos concellos da provincia. Esta cuarta quenda rematará o 21 de xullo e as seguintes serán do 22 ao 28 de xullo, do 29 de xullo ao 4 de agosto, do 5 ao 11 de agosto, do 12 ao 18 de agosto, do 19 ao 25 de agosto, do 26 de agosto ao 1 de setembro e do 2 ao 8 de setembro.
A principal novidade do Depo Aventura deste ano vén dada pola resposta e o compromiso adquirido tras a vaga de lumes de introducir actividades de formación e educación ambiental. Por iso, en cada unha das quendas haberá unha actividade centrada na concienciación sobre a posta en valor dos montes e a prevención dos lumes.
Xunto a esta actividade, os campamentos da Deputación tamén están orientados á consecución de hábitos saudables, ao fomento de actitudes solidarias e de convivencia, á promoción da educación e igualdade de xénero e ao fomento do respecto ao medio ambiente. Ademais, tamén se inclúe unha visita á Illa de Ons e outra de carácter cultural, deportiva ou relacionada coa natureza e, ao igual que aconteceu o ano pasado, deberán impulsar actividades en lingua inglesa co obxectivo de mellorar o seu dominio do idioma nun contexto de lecer.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217