Mos
A Policía Local molesta coa falta de coordinación con Emerxencias 112
O servicio que xiestiona o número 112 de Emerxencias para Galicia, ubicado na Estrada, non deu aviso aos axentes de varias actuación nas que tiñan competencia e capacidade para actuar.
![[Img #43173]](upload/img/periodico/img_43173.jpg)
A Xefatura da Policía Local do Concello de Mos amosa o seu malestar “polo actual funcionamento e xestión telefónica do Servizo de Emerxencias de Galicia – 112”.
Nos últimos anos tiveron lugar no municipio numerosos feitos de especial gravidade e excepcionalidade, nos cales o Corpo da Policía Local non tivo coñecemento dos mesmos, obtendo a información a través de terceiros horas máis tarde ou ben, o que é peor, a través da prensa ao día seguinte de sucedelos mesmos. Todos estes acontecementos foron incidencias xestionadas a través do número de teléfono de Emerxencias de Galicia – 112.
A cadea de feitos, que son obxecto da queixa, comezaron o pasado 26 de marzo de 2015, co atropelo mortal dunha muller nun tramo ferroviario pertencente ao termo municipal de Mos, incidencia que foi xestionada a través do número de emerxencias 112. O seguinte feito de especial gravidade e excepcionalidade foi o acontecido no concello de Mos o día 9 de setembro de 2016, no que aconteceu o descarrilamento dun tren de viaxeiros pertencente a empresa Renfe co resultado de 4 persoas falecidas e 48 feridos de diversa gravidade. Estes feitos descritos xa foron obxecto dun informe de queixa remitido á Dirección e Xestión de Emerxencias de Galicia, “non obténdose ningún cambio na xestión das emerxencias para con este Corpo de Policía Local” segundo aseguran.
A secuencia de feitos continúa coa desaparición dunha menor de 11 anos que tivo lugar o 26 de marzo de 2018, non tendo coñecemento deste feito o Corpo de Policía Local da propia localidade onde se produciu a desaparición, dende a Xefatura efectuouse unha chamada á sala de control do 112 interesándose polo feito respondéndolle dende a sala que “no protocolo de actuación non está establecido avisala Policía Local”.
De especial gravidade é feito que aconteceu o pasado 2 de xullo de 2018 ás 14:00 horas, no que se produciu un atraco na sucursal do “Banco Pastor” sita en pleno casco urbano, incidencia que foi administrada polo 112 – Emerxencias de Galicia. Este acontecemento foi “de especial gravidade”, posto que a esa precisa hora a patrulla da Policía Local do Concello de Mos da quenda de mañá, estaba persoada nas inmediacións do lugar realizando tarefas de control do tráfico. Dende aPolicía Local lamentan que “os axentes puideron intervir en primeira instancia e incluso evitala comisión do feito delictivo”, ademais destacan que “dita desinformación puido supoñer un risco moi grave para integridade e a vida dos Axentes que estaban no lugar descoñecendo a perpetración de tal atraco. Tendo coñecemento do acontecido na queda da tarde, ás 18:00 horas, por mor dunha chamada da prensa”.
Estes tipo de episodios véñense producindo nos últimos anos e xa foron obxecto de diversas queixas tanto escritas como telefónicas aos diferentes responsables do 112. Posto que ademais do descrito, diariamente mobilízanse e solicítanse os servizos da Policía Local para labouras que están fora do eido das competencias estritamente policiais, requirimentos tales coma caídas de árbores, caídas de tendido eléctrico ou telefónico, recollidas de animais abandonados, etc, sendo estas obxecto dun constante requirimento policial por parte do 112, incluso cando as incidencias non teñen repercusión no tráfico ou nas vías públicas.
Todos estes feitos –aseguran den de o corpo policial- “comprometen a seguridade dos Axentes da Policía Local do Concello de Mos, ocasionando, así mesmo, unha perda substancial da efectividade e calidade na xestión das emerxencias que teñen lugar no termo municipal, posto que resta rapidez e efectividade ás actuacións, que en multitude de ocasións é fundamental para a resolución axeitada das incidencias, resultando prexudicados tódolos veciños e veciñas do Concello de Mos”.
![[Img #43174]](upload/img/periodico/img_43174.jpg)

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217