PROVINCIA
Comeza a segunda quenda dos campamentos polideportivos Príncipe Felipe
Un total de 50 nenas e nenos gozarán dunha semana chea de actividades deportivas e de lecer, centradas este ano en concienciar no respecto e no coidado do medio ambiente
![[Img #43177]](upload/img/periodico/img_43177.jpg)
Dende este luns, 16 de xullo, e ata o sábado, 21 de xullo, un total de 50 rapazas e rapaces van participar na segunda quenda dos campamentos polideportivos Príncipe Felipe 2018, que se desenvolven ao longo dos meses de xullo e agosto. En total, e durante seis quendas, 300 nenos e nenas de toda a provincia de entre 7 e 14 anos gozarán desta iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra.
Durante estes días haberá toda unha semana chea de actividades deportivas e de lecer nas instalacións de Príncipe Felipe, en Pontevedra. Entre as accións previstas haberá, por exemplo, xogos en inglés, actividades acuáticas coma waterpolo e piscina, deportes de aventura, deportes na natureza, actividades de rastrexo e tamén unha saída ao Parque Multiaventura de Marín.
O fío condutor deste ano xira en torno ao respecto e ao coidado do medio ambiente. O obxectivo é que as rapazas e rapaces se conciencien da importancia da natureza e da necesidade de coidala. Desenvolverase ademais “Evitando lumes”, unha actividade específica para concienciar sobre os lumes forestais. Para traballar nos contidos sobre o medio, en cada quenda e en función da súa idade, os rapaces e rapazas formarán parte de cadansúa brigada de axentes mediambientais, que serán as de Monte Castrove, Illas Atlánticas, Monte Santa Tegra e Monte Cotorredondo.
Ata que remate esta nova edición dos campamentos polideportivos Príncipe Felipe, un total de 300 nenas e nenos de toda a provincia participarán nesta iniciativa. Como cada ano, trátase dun programa con grande acollida, xa que nesta ocasión quedaron máis de 80 nenos e nenas en lista de agarda á espera dalgunha baixa. Á parte de desenvolver toda unha serie de actividades para o lecer e para a aprendizaxe, estes campamentos tamén teñen o obxectivo de ensinarlles a desenvolverse alonxados da súa familia, potenciando a súa maduración, a súa sociabilidade e o dinamismo multicultural, inculcando hábitos saudables de hixiene, alimentación, saúde e lecer.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217