Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Xornal21
Jueves, 19 de Julio de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

200 cativos mosenses participan este ano no campamento infantil estival Mañás de Verán

Esta cifra pode aínda incrementarse, xa que se atopa aberto o prazo de inscrición para a terceira e cuarta quendas

[Img #43229]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Educación mosense, Camilo Augusto, visitaron no Colexio Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos aos 88 nenos e nenas mosenses que participaron na primeira quenda do campamento infantil estival Mañás de Verán.

 

Na segunda quenda, que se desenvolverá ata o 31 de xullo, participarán 58 rapaces. Na terceira quenda, á espera de que se peche o prazo de inscrición que aínda se atopa aberto polo que poden anotarse máis nenos/as, están inscritos un total de 36 e realizarase do día 1 ao 16 de agosto. E por último, na cuarta quenda, que terá lugar do 17 ao 31 de agosto e para a que aínda está tamén aberto o prazo de inscrición, están inscritos18 cativos. Polo tanto, a data de hoxe, as Mañás de Verán mosense contan con 200 inscritos.

 

Cada unha das catro quendas do campamento ten unha duración de quince días. Trátase dunha iniciativa dirixida a nenos e nenas 3 a 12 anos de idade. O campamento lévase a cabo nas instalacións do colexio Mestre Martínez Alonso (Castro-Mos), en horario de 9.00 a 14.30 horas. Os días 25 de xullo, 7 e 15 de agosto non haberá campamento, xa que son días festivos. O día 31 de agosto, realizarase unha festa, á que poderán asistir os nenos/as de todas as quendas.

 

Os representantes locais, Arévalo e Augusto, destacaron “a importancia que este programa municipan ten sobre todo no que respecta á conciliación da vida familiar e laboral nunha época do ano na que os/as nenos/as están de vacacións e os pais/nais deben seguir acudindo aos seus postos de traballo”.

 

“Ademais de contribuír a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos proxenitores, ofertámoslles aos cativos unha alternativa de lecer educativo que combina didáctida e diversión, fomentando a educación en valores a través do xogo”, explicaron a rexedora local e o edil de Educación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.