Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 28 de Julio de 2018 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño ratifica o seu rexeitamento ao glifosato

O pleno aproba por unanimidade e por segunda vez unha moción para evitar o uso do herbicida no termo municipal

[Img #43272]

 

Por segunda vez en menos de dous anos, o pleno de Tomiño aprobou por una moción para solicitar á Xunta que deixe de utilizar o herbicida tóxico glifosato nas estradas e camiños do municipio. Unha demanda que os vecinos veñen reclamando en repetidas ocasións e que o Concello incluso lle fixo chegar ao valedor do pobo.

 

Coa chegada  do bo tempo a vexetación medra e dan comezo os traballos de mantemento das beiras das estradas en Galicia. O glifosato é un dos herbicidas que se utilizan para evitar o crecemento da vexetación máis cercana ás estradas e camiños asfaltados, e tamén un dos máis cuestionados dados os múltiples estudos científicos que poñen en tela de xuizo a inocuidade deste compoñente para a saúde das persoas traballadoras, das persoas que residen nas zonas nas que se emprega, da flora e fauna, dos cauces de auga e do solo. “Existe moito malestar por parte da veciñanza. Non só de Tomiño, senon tamén de outros Concellos. A Xunta debería escoitar o que din os vecinos”, asegura la alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

 

Xa o 8 de setembro do 2016 o Concello de Tomiño aprobou unha moción na que xa se preveían medidas para evitar o uso deste químico no territorio municipal de Tomiño. Non obstante a concesionaria da Xunta de Galicia que leva a cabo estes traballos de mantemento, a pesar de que se lle fixo chegar a moción e oficio correspondente dende o Concello de Tomiño facendo solicitude expresa de non utilizar glifosato no termo municipal, fixo caso omiso da solicitude e procedeu a utilizar os produtos con glifosato durante a primavera, verán e outono.


No último pleno municipal aprobouse por unanimidade unha nova moción que ratifica a do 2016 e que reincide no rexeitamento do Concello de Tomiño da utilización do glifosato  e preveé solicitar á maior brevidade tanto á Xunta de Galicia como ao Ministerio de Fomento o abandono inmediato do uso de herbicidas derivados do glifosato no seu termo municipal, así como outras medidas para eliminar o uso deste químico.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.