TUI
Un total de 13 empresas presenta ofertas para a construción dunha glorieta na depuradora de Guillarei
Esta actuación da Consellería de Infraestruturas e Vivenda ten por obxectivo incrementar a seguridade viaria e dispón dun prazo de execución de 4 meses, desde o seu inicio das obras
Un total de 13 empresas presentaron as súas ofertas para a construción dunha glorieta de acceso á depuradora de Guillarei, no Concello de Tui, cun investimento más de 316.000 euros.
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda financia esta actuación, cuxas obras teñen un prazo de execución de 4 meses desde o seu inicio, co obxectivo de incrementar a seguridade viaria no treito que se corresponde coa estrada autonómica PO-404 Guillarei - A Rañada.
A intervención proxectada ten por obxecto a mellora da intersección existente no núcleo de Guillarei, no punto quilométrico 1+900 da estrada de titularidade autonómica, pola que se accede á depuradora e á praia fluvial, mediante a execución dunha glorieta.
A intervención mellorará a intersección existente no núcleo de Guillarei, na estrada autonómica PO-404, pola que se accede á depuradora e á praia fluvial
A intersección actualmente ten visibilidade reducida, polo que non se permiten os xiros para os vehículos que proveñen da Rañada ou Caldelas de Tui cara á vía de acceso á depuradora, polo que a construción da glorieta mellorará a seguridade viaria nese punto e servirá para permitir maior seguridade en todos os xiros no cruzamento.
A glorieta terá un diámetro exterior de 32 metros e deseñarase de xeito que permita a continuidade do itinerario peonil e ciclista existente na vía de acceso á depuradora. Para isto, na marxe dereita, construirase un carril bici de 2,5 metros e unha senda de 2 metros, que prolongarán a infraestrutura existente.
Esta actuación complementarase coa instalación dos elementos necesarios para garantir a drenaxe axeitada e coa iluminación da glorieta.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149