O PORRIÑO
A Policía Local do Porriño participa nos ‘Campamentos de Verán’
![[Img #43354]](upload/img/periodico/img_43354.jpg)
Membros da Policía Local do Porriño participaron este mes de xullo nos campamentos de verán do Concello- abertos a rapazas e rapaces de entre 3 e 12 anos de idade- co obxectivo de “reforzar a proximidade e a confianza cos máis pequenos”.
As actividades desenroladas pola Policía dividíronse en dúas partes: a primeira consistente na explicación das funcións dos axentes, normas de seguridade vial enfocadas ao uso da bicicleta coma vehículo e cal é o xeito de poñerse en contacto coa Policía Local en caso de necesidade, “sublimando sempre a idea de que un policía é un amigo”, indica o xefe do corpo, Daniel Rodríguez.
Doutra banda, os axentes desprazaron aos lugares nos que se celebran os campamentos, coma o Círculo Recreativo Cultural ou o CEIP Cruz Budiño, distintos vehículos policiais: un furgón de atestados, coches e motos, nos que se explicaron ás rapazas e rapaces as súas particularidades, interactuando con elas e eles e respondendo as súas preguntas.
O xefe da Policía Local engade que estas actividades veñen de dar continuidade á ‘Campaña de Educación Vial’ que Realizamos cada ano en todos os centros de ensino do Porriño”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11