Lunes, 22 de Diciembre de 2025

Xornal21
Lunes, 30 de Julio de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A exposición fotográfica “Atrévete a coñecerme” enche de diversidade o hall da Deputación

A presidenta provincial destacou que “hoxe esta entrada énchese de ledicia, dignidade, igualdade e beleza ao acoller esta marabillosa mostra de sorrisos”

[Img #43382]

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, inaugurou, xunto a Digna Rivas, deputada de Cohesión Social, e Eulogio López Rio, presidente de ASPACE Galicia, a sétima edición da exposición fotográfica “Atrévete a coñecerme”, organizada pola Confederación ASPACE co propósito de dar visibilidade á realidade das persoas con parálise cerebral e sensibilizar á sociedade.  Tamén estiveron presentes no acto Nacho Pérez, xerente de ASPACE Galicia, Carlos Godoy, presidente da asociación AMENCER-ASPACE, e Mónica Touriño, directiva de ASPACE Galicia.

 

Sobre a inauguración da exposición, Carmela Silva resaltou que “hoxe a Deputación de Pontevedra énchese de ledicia porque é un deses días nos que unha presidenta síntese orgullosa de selo para poder recibirvos a vos e a esta marabillosa exposición”. Amais, agradeceu a ASPACE Galicia por “elixir novamente o Pazo Provincial como unhas das paradas desta extraordinaria exposición que vai visitar 16 cidades españolas”.

 

Esta exposición itinerante que partiu de Madrid está composta por 20 fotografías que Asier Bastida realizou para ASPACE Álava. 20 retratos a cor de distintas persoas con parálise cerebral da entidade acompañados de mensaxes transmitidos tamén por persoas con parálise cerebral. O presidente de ASPACE Galicia, Eulogio López, na súa intervención, afirmou que “todas as persoas da provincia sentiranse representadas pola exposición que hoxe inauguramos e sentirán orgullo de que a Deputación a acolla”.

 

Os obxectivos desta iniciativa son dar unha maior visibilidade ás persoas con parálise cerebral, transmitindo os aspectos máis cotiás do seu día a día resaltando o feito de que a súa vida é idéntica á de calquera outra persoa; potenciar a imaxe das persoas con parálise cerebral coma cidadáns de pleno dereito; e resaltar as capacidades do colectivo.

 

Por último, Carmela Silva pechou o acto subliñando que “con estas fermosas imaxes cheas de sorrisos compartimos vidas, compartimos experiencias e, en definitiva, unha maneira de entender o mundo no que todos e todas somos iguais”.

 

Esta mostra itinerante poderase visitar no hall do Pazo Provincial desde este luns 30 de xullo ata o vindeiro 14 de agosto (de luns a venres en horario de 08.00 horas a 20.00 horas).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.