Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 03 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas sela o seu compromiso co pobo saharaui un ano máis

O goberno de Ponteareas asina un convenio coa Asociación Solidariedade Galega do pobo saharaui

[Img #43401]

 

O goberno de Ponteareas representado polo Alcalde Xosé Represas e a concelleira de Ensino e Participación Cidadá, Cristia Fernández, recibíu esta semana no salón de plenos ás familias que baixo o programa “Vacacións en Paz” acollen a nenos e nenas saharauis grazas ao esforzo e compromiso de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.


O goberno e a asociación veñen de asinar un convenio por valor total de 6.000€ que permitíu o financiamento dos traslados e viaxes destes pequenos e pequenas que durante a tempada estival forman parte da veciñanza enriquecendo coa súa cultura as vivenzas destas familias.


Acoller non so significa xenerosidade, tamén é unha experiencia na que as dúas partes resultan beneficiadas polo intercambio vital de dous pobos irmáns.


Dende o ano 92 Ponteareas amosa o seu lado máis comprometido sendo unha das vilas con máis familias acolledoras. Solidariedade Galega co Pobo Saharaui informa de que xa está aberto o prazo para que todas as familias que o desexen acollan no verán do 2019 a un neno ou nena dos campamentos saharauis brindándolles así a oportunidade de coñecer mundos novos, tratar posibles doenzas e solventar algunhas carencias provocadas pola vida nos campamentos saharauis.


Acoller é máis doado grazas á colaboración do concello de Ponteareas que financia os traslados facendo que as familias beneficiarias non teñan que afrontar os gastos de desprazamentos dos cativos e cativas e tan só terán que recibilos nos seus fogares e desfrutar desta marabillosa e fermosa convivencia na que as dúas culturas se funden conformando unha soa familia.


Os distintos convenios coa Seguridade Social, ópticas, dentistas e distintas especialidades sanitarias tamén supoñen un alivio económico para as familias e ofrecen cobertura sanitaria, incluídas oftalmolóxica, odontoloxía e auditiva.


Para premiar este compromiso e facilitar a conciliación familiar o concello de Ponteareas estuda reservar prazas nas actividades de verán como os campamentos do Campus Tea para que os e as saharauis poidan participar como calquera outro ponteareán ou ponteareá.


A organización adianta que precisa familias acolledoras que coa súa xenerosidade permiten a estes pequenos e pequenas coñecer outro xeito de vida e ver atendidas as súas necesidades máis básicas en canto a saúde.


Todos os interesados e interesadas deben contactar no teléfono 986 26 26 37.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.