Miércoles, 18 de Febrero de 2026

Xornal21
Lunes, 06 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Policía Local realizou no que vai deste ano máis de 1.000 probas de detección de alcohol

Os axentes imputaron 22 delitos contra a seguridade na circulación a condutores que superaron os 060mg/l

[Img #43441]

 

No primeiro semestre deste 2018 axentes da Policía Local do Porriño realizaron máis de 1.000 probas de detección de alcohol a condutores das que 47 foron positivas, imputando 22 delitos contra a Seguridade Vial ao superar as taxas os 0,60mg/l.


Segundo subliña o xefe da Policía Local, dende principio do ano realízanse controis de alcoholemia en distintos puntos do concello, pero “das 47 probas positivas, so 19 foron nestes puntos, sendo a maioría por infraccións de tráfico”.


De todas as probas realizadas, 25 corresponden a denuncias administrativas (o 53%) e 22 a denuncias penais (o 47%), ao superar os 0,60 mg/l de aire espirado. Polo que se refire a estas últimas denuncias, hai que salientar que  todas as probas positivas realizadas, 6 en total (o 13%) deron un resultado superior a 1,00 mg/l de aire espirado, sendo a taxa máis alta de  1,52 mg/l , o que representa seis veces o máximo legal establecido.


[Img #43440]Polo que se refire ao xénero dos infractores, o 91% deles foron homes e un 9% mulleres; o 13% dos positivos foron condutores implicados en accidentes, “o que salienta os riscos que supón conducir baixo os efectos do alcohol, hai que lembrar que de cada 100 accidentes mortais de tráfico que hai en España o alcohol ten que ver en entre 30 e 50 de eles”, sinala o xefe da Policía Local.


Daniel Rodríguez lembra que o alcohol produce alteracións moi evidentes no comportamento, “inflúe en case todas as capacidades psicofísicas precisas para una condución segura” e que unha persoa que está bébeda infravaloras os efectos que o alcohol ten sobre a condución, “ten unha falsa seguridade en sí mesma e admite un maior nivel de risco ao volante”, aumentar as súas condutas agresivas e, especialmente, “ao consumir alcohol, un dos cambios máis importantes e graves é o aumento do tempo de reacción, polo cal  a toma de decisións ao volante faise moito máis lenta”.


O xefe da Policía Local subliña que as multas por conducir bébedo van dos 500 aos 1.000€ e a retirada de 4 a 6 puntos no Permiso de Conducir. As sancións penais poden chegar ás penas de cadea de 3 a 6 meses, cunha multa de 6 a 12 meses ou de traballos en beneficio da comunidade durante 31 a 90 días e, en calquera caso, a retirada do permiso de conducir vehículos a motor entre 1 e 4 anos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.