Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 02 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Precaucións a ter en conta ante as previsións de temperaturas altas para os vindeiros días

Dende MeteoGalicia alertan de que a partires da tarde deste Mércores e sobre todo o xoves e o venres, as temperaturas máximas ascenderán a 35º na Comarca do Baixo Miño, sendo tamén as temperaturas mínimas, bastante altas, polo que de persistir durante 3 días esta situación meteorolóxica poderíamos falar dunha vaga de calor. Para a xornada do mércores día 1 de agosto as máximas serán as habituais para esta época do ano, entre 26º-27º, sempre inferiores aos 30º. Será nas xornadas do xoves e do venres cando as máximas superen os 35º e as mínimas os 20º, polo que compre tomar algunhas medidas de protección. Agárdase xa na xornada do sábado unha estabilización aos valores normais para estas datas do ano. Dende o CAE 112-Galicia advirten que a persistencia de altas temperaturas durante varios días seguidos poden comprometer a saúde das persoas polo cal recomendan tomar nota duns consellos de protección, prestando especial atención aos colectivos que poden verse máis afectados, coma os nenos, os maiores e os enfermos crónicos, que precisan unha maior hidratación:

  • Evitade as bebidas con cafeína, xa que aumentan a frecuencia cardíaca.
  • Aproveitade as sombras cando salgades á rúa
  • Empregade roupa lixeira, gafas de sol, sombreiro e non escatimedes en cremas solares.
  • Evitade as comidas copiosas, posto que xeran un maior traballo para o noso organismo.
  • Reducide a actividade física
  • Nas vivendas, durante o día, cerrade as fiestras e baixade as persianas, aproveitade as noites para ventilar.
  • Comprobade que os alimentos que se inxiren cumpran coas medidas de adecuada conservación
  • Ante calquera emerxencia chamade ao 112

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.