Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Xornal21
Jueves, 02 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Os socialistas de Mos denuncian o estado de abandono dos parques

O PSOE tilda de "electoralista" o novo parque infantil no campo da Feira de Puxeiros

[Img #43459]

 

O Concello de Mos anunciou fai uns días o proxecto dun novo parque infantil no campo da Feira de Puxeiros financiado con fondos doutras administracións na meirande parte, a bancada socialista afirma que este proxecto "forma parte dun grupo de propostas electoralistas que o Partido Popular ven facendo co ollo posto nas eleccións municipais dende sempre".

 

A portavoz socialista, Patricia Pérez, di que se alegra "pola proposta de facer un novo parque en Puxeiros, xa que son zonas de interese para os máis cativos. Fronte a isto di que ademais de facer parques novos habería que mostrar máis interese polos que xa hai". Fai fincapé no estado "de abandono no que se encontran a meirande parte dos parques, xa que se lle fai un mantemento mínimo provocando o deterioro do mobiliario e a deixadez da contorna, inclusive bancos e mesas que precisan arranxos urxentes polo deterioro das condicións climatolóxicas o que fai perigoso o uso destas areas". A concelleira socialista reclama" que sendo época estival na cal os rapaces frecuentan máis estas instalacións, que se manteñan en estado óptimo para o desfrute das e dos cativos".

 

Sinala o caso do parque na zona do Pombal na parroquia de Louredo "que resulta inaccesible para rapaces e veciñanza con mobilidade reducida pola situación da entrada, hai unha necesidade xeneralizada do control do crecemento da vexetación e mantemento dos areais nos parques como se pode comprobar entre outros casos o parque de Cela".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.