Miércoles, 18 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 03 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
O Porriño

A `Festa do Cabrito o Espeto´ de Chenlo cumpre dez anos e o celebra ao grande

A organización conta con repetir o éxito acadado nas anteriores edicións e recibir a unhas 2.000 persoas

[Img #43529]

 

O vindeiro domingo, 5 de agosto, a Entidade Local Menor de Chenlo celebrará unha nova edición da Festa do Cabrito ao Espeto, este ano van pola edición número 10.

 

Como ven sendo habitual cada primeiro domingo de agosto, o campo de fútbol en Chan da Carreira será escenario desta festa gastronómica que, grazas ao esforzo e implicación dos veciños e veciñas de Chenlo, xa se ten consolidado como evento de referencia na comarca e en toda a provincia.

 

Chenlo conta con repetir o éxito acadado nas anteriores edicións e recibir a unhas 2.000 persoas, tal e como explicaron os organizadores do evento durante o acto de presentación que se celebrou esta mesma tarde na Casa Cultural de Chenlo ao que asistiron o presidente da Asociación Festa do Cabrito ao Espeto, Jacobo Alonso, o alcalde pedáneo da entidade, M. Alejandro Lorenzo, a alcaldesa do Porriño, Eva García, o Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda  e os membros da organización da festa. Durante o acto estiveron acompañados por varios concelleiros da corporación local do Porriño e números veciños que como cada ano, se deron cita para presentar unha festa que na parroquia se vive con gran intensidade.

 

[Img #43530]

Na súa intervención,  M. Alejandro Lorenzo, aproveitou para invitar a todo o mundo a achegarse este domingo a Chenlo e compartir eles esta festa "que xa é patrimonio cultural de todos os veciños e veciñas de Chenlo. Sen eles esto non sería posible, co seu traballo e a súa ilusión conseguiron que hoxe esta festa cumpra dez anos e estou seguro que sumaremos moitos máis".

 

Así, este ano celebran o seu décimo cumpreanos e o fan ao grande. A festa dará comezo ás a partir das 11 da mañá coa degustación de pinchos e a actuación dun grupo de gaitas, , mentres comezan a asarse os cabritos que se degustarán na comida popular que terá lugar á 13:30 horas. A ola de calor non será excusa para non pasar un bo día, a organización adiantase ás predicións e poderemos disfrutar dun tobogán acuático mentres esperamos a sentarnos á mesa. Actuará tamén o grupo Os Cabritos de Chenlo.

 

Outro dos pratos fortes fortes deste ano chega da man de Víctor Fábrega, "Tucho", que nos deleitará cun dos seus monólogos facendo as veces de pregoeiro da X Festa do Cabrito ao Espeto. Xa pola tarde haberá moitos agasallos e sorpresas, ademais do tradicional sorteo cabrito dos Cabreiros, nunha tarde que estará amenizada polo grupo 3.COM.

 

Según apuntou Lorenzo está previsto que se asen uns 100 cabritos, ademais de 200 quilos de churrasco.  Os precios das racións non variarán dos pasados anos, sendo de 20 euros por cada ración de cabrito, 12 euros por ración de churrasco, 3 euros o pincho, 180 un cabrito enteiro e 90 euros medio cabrito. Todas as racións inclúen empanada, patacas, bebida, pan, café e rosca.

 

Por outra banda, incluída na progamación deste ano, o sábado 4 de agosto celebrarase a  "I Quedada de Motor Birras Baixas". Será a partir das 16 horas no campo de fútbol, Chan da Carreira. Dende a organización invitan a todo aquel que quera pasalo ben e teña un vehículo de rodas -clásico, racing, moto.... tamén se aceptan tractores e chimpíns, todo vale na nosa quedada do motor- a que se acheguen ao Chan da Carreira a participar. Haberá chouripán, sorteos e premios.

 

 

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.