PROVINCIA
Carmela Silva recibe no Pazo Provincial á futbolista campioa de Europa Sub-19, Teresa Abelleira
A presidenta da Deputación de Pontevedra subliñou a “honra que supón recibir a unha grande deportista como Teresa que seguirá dando moitas alegrías á provincia”
![[Img #43562]](upload/img/periodico/img_43562.jpg)
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto á deputada de Deportes Chelo Besada, recibiu e agasallou no Pazo Provincial á futbolista Teresa Abelleira, campioa de Europa Sub-19. A pontevedresa vén de acadar a medalla de oro nun torneo no que foi unha das pezas claves da selección española.
Durante o acto Carmela Silva recoñeceu sentirse “honradísima de poder recibir a Teresa Abelleira, unha gran deportista que dará moitas alegrías ao deporte pontevedrés” e subliñou que “a pontevedresa é unha futbolista extraordinaria e amais unha persoa marabillosa, algo moi importante xa que, coma exemplo que é para moitas rapazas e rapaces deportistas, ten moito valor que sexa unha persoa tan amable, humilde e simpática”.
A presidenta da Deputación de Pontevedra tamén afirmou que “o mundo está cambiando e non imos parar ata que consigamos a igualdade en todos os eidos. Un deles no que aínda temos moito que avanzar é no mundo do deporte, onde as mulleres chegaron á elite fai moi pouco tempo e en cambio xa están a acadar multitude de éxitos”.
Tanto Teresa Abelleira como Carmela Silva coincidiron en sinalar que “o mundo está cambiando e hai que seguir traballando para conseguir a igualdade no deporte e en todos os eidos da vida”
Na mesma liña, Teresa Abelleira valorou moi positivamente a recepción xa que “este tipo de actos axudan a que o deporte feminino poida seguir medrando” e engadiu que “aínda que queda moito por cambiar si que é certo que cada día temos máis apoios e máis repercusión”.
A recente campioa de Europa tamén sinalou que “tanto en fútbol como en outros deportes cada vez hai máis referentes femininos e iso é unha grande axuda para todas as rapazas que comezan a facer deporte. Espero que siga sendo así e Pontevedra siga apostando polo deporte feminino para que así poidan seguir saíndo grandes deportistas”.
Durante a súa intervención, Carmela Silva puxo en valor o logrado por Teresa Abelleira neste Campionato de Europeo, onde a pontevedresa meteu o gol de semifinais que acabou clasificando a España para a final, onde derrotaron a Alemaña. Amais, explicou que “Teresa Abelleira xoga actualmente nun equipo que está apostando polo fútbol feminino como o Deportivo e isto é algo que quero poñer en valor.” Neste senso, Carmela Silva aproveitou a ocasión para “facer un chamamento a todos os equipo de Primeira e Segunda División que aínda non teñen equipo feminino para que aposten por elas, é unha cuestión de vontade e teñen que entender que o mundo está a cambiar. Hai que apostar polo deporte feminino, que soamente da alegrías”.
Para rematar o acto de recoñecemento Teresa Abelleira asinou dous balóns de fútbol que serán utilizados como premios en importantes iniciativas da institución provincial.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217