Lunes, 22 de Diciembre de 2025

Xornal21
Domingo, 05 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O luns comeza a cuarta quenda dos campamentos polideportivos Príncipe Felipe

Un total de 50 nenas e nenos gozarán dunha semana chea de actividades deportivas e de lecer, centradas este ano en concienciar no respecto e no coidado do medio ambiente

[Img #43564]

 

Dende este luns, 6 de agosto, e ata o sábado, 11 de agosto, un total de 50 rapazas e rapaces van participar na segunda quenda dos campamentos polideportivos Príncipe Felipe 2018, que se desenvolven ao longo dos meses de xullo e agosto. En total, e durante seis quendas, 300 nenas e nenos de toda a provincia de entre 7 e 14 anos gozarán desta iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra.

 

Durante esta semana, as e os participantes terá unha semana chea de actividades deportivas e de lecer nas instalacións de Príncipe Felipe, en Pontevedra. Entre as accións previstas haberá, por exemplo, xogos en inglés, actividades acuáticas como waterpolo e piscina, deportes de aventura, deportes na natureza, actividades de rastrexo e tamén unha saída ao Parque Multiaventura de Marín.

 

O fío condutor deste ano xira en torno ao respecto e ao coidado do medio ambiente. O obxectivo é que as rapazas e rapaces se conciencien da importancia da natureza e da necesidade de coidala. Tamén se desenvolverá “Evitando lumes”, unha actividade específica para concienciar sobre os lumes forestais. Para traballar nos contidos sobre o medio, en cada quenda e en función da súa idade, as rapazas e rapaces formarán parte de cadansúa brigada de axentes medioambientais, que serán as de Monte Castrove, Illas Atlánticas, Monte Santa Trega e Monte Cotorredondo.

 

Ata que remate esta nova edición dos campamentos polideportivos Príncipe Felipe, un total de 300 nenas e nenos de toda a provincia participarán nesta iniciativa. Como cada ano, trátase dun programa de grande acollida, posto que nesta ocasión quedaron máis de 80 nenas e nenos en lista de espera. A parte de desenvolver toda unha serie de actividades para o lecer e a aprendizaxe, estes campamentos teñen o obxectivo de ensinarlles a desenvolverse eles solos e afastados da súa familia. Así, espérase que se potencia a súa maduración, a sociabilidade e o dinamismo multicultural, inculcando hábitos de vida saudables e de hixiene, alimentación, saúde e lecer.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.