GALICIA
Os galegos xa poden presentar online as demandas por impago que non precisan da intervención de profesionais
A sede xudicial electrónica de Galicia xa permite o inicio dos procedementos monitorios en calquera partido xudicial
A sede xudicial electrónica permite xa a presentación online dos procedementos monitorios, unha fórmula xudicial para reclamar impagos, que non precisa da intervención dun avogado ou dun procurador. É unha das últimas funcionalidades incorporada á sede xudicial electrónica galega, que desde outubro de 2016 está accesible no enlace https://sede.xustiza.gal e a través do portal xustiza.gal.
A presentación telemática de procedementos monitorios comezou a implantarse este ano nos órganos xudiciais de Vigo e A Coruña e, actualmente, xa está habilitada en todos os partidos xudiciais para os procedementos monitorios das xurisdicións civil ou social. A sede xudicial electrónica ofrece aos cidadáns outros servizos como a posibilidade de consultar os expedientes xudiciais dos que son parte e comprobar a autenticidade e integridade de documentos electrónicos emitidos pola Administración de Xustiza en Galicia.
Os cidadáns tamén poden consultar o estado dos expedientes xudiciais dos que son parte
Tamén están accesibles na sede xudicial electrónica a axenda de sinalamentos de vistas, o calendario de gardas, a calculadora de taxas xudiciais ou o censo de letrados. O obxectivo é que a sede se consolide como canle única para todas as actuacións, procedementos e servizos do ámbito xudicial.
Plan Senda
A posta en marcha da sede xudicial electrónica foi un dos fitos previstos previstos no Plan Senda 2020, que está a desenvolver a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e os profesionais do eido xudicial.
Cun orzamento de máis 26,6 millóns de euros o Plan Senda 2020 é a estratexia para consolidar a o traballo previo realizado no Plan Senda 2014 e que sentou as bases do Expediente Xudicial Electrónico en Galicia, onde están en marcha todas as pezas que permitirán unha xustiza integramente dixital.
Permite comprobar a autenticidade de documentos electrónicos emitidos pola Administración de Xustiza en Galicia
Unha das pezas angulares desa xustiza sen papeis é repositorio unificado xudicial que centraliza, nun punto único, toda a información xudicial, datos e documentos, xerada diariamente na tramitación procesual de calquera procedemento en calquera órgano xudicial Este repositorio permite a consulta de case nove millóns procedementos e 16 millóns de documentos online.
Nos últimos anos puxéronse a disposición dos profesionais da xustiza diferentes solucións para facilitar a dixitalización das súas funcións e cuxo uso estase a intensificar. Así, no primeiro semestre do ano asináronse dixitalmente máis de 283.000 documentos, catro veces máis que os asinados durante o mesmo período do ano pasado. As consultas ao Visor do Expediente Electrónico Xudicial entre xaneiro e xuño ascenderon a preto de 22.000, o dobre que no mesmo período do ano pasado.
En canto ao equipamento que facilita á implantación das salas de vistas dixitais, cómpre lembrar que preto do 90% das salas de vistas de Galicia dispoñen de sistema de gravación de vistas con sinatura dixital eFidelius e todos os órganos xudiciais contan con sistema de videoconferencia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104