Sábado, 31 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 14 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

O BNG de Mos a favor do vial que evita o paso de vehículos pola zona do Pazo de Mos

Faise cunha modificación do plan xeral

Ao pleno de xullo, o goberno local levou a segunda modificación do plan xeral que se leva a cabo neste mandato. Neste caso afecta á zona do pazo de Mos, e dá solución "á reclamación que desde o Bng lévase anos facendo".

 

"Cando gobernaba o Bng na Xunta, e no concello de Mos, realizouse o magnífico arranxo que humanizou e puso en valor todo o entorno do Pazo de Mos, e que hoxe é a zona máis visitada do noso concello" explican.


"Pero esa posta en valor vese continuamente en perigo polo paso de vehículos que destrozan o empedrado, e ao que o goberno local non pon freno" ASEGURAN.

 

Tras anos de solicitudes por parte do Bng para que se rematara co destrozo da zona, parece ser que agora vai adiante a solución do vial alternativo.


Unha vez se realice o vial proxectado, débese facer estrictamente peonil a zona, só permitindo o paso aos poucos residentes que hai na zona empedrada.

 

Dende o BNG engaden que "teríase que regular a carga e descarga, para facela compatible co mantenemento do empedrado. Ou sexa, levar a cabo un labor necesario e imprescindible para que una vez feito o vial alternativo, o entorno do Pazo de Mos sexa o referente que debe de ser para os que visitan o noso concello e por suposto para todos os habitantes de Mos".

 

O Bng asegura que "seguirá vixilante para que esta mellora se leve a cabo de xeito completo, e que non sexa unha actuación incompleta".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.