Martes, 16 de Diciembre de 2025

Xornal21
Jueves, 09 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

O Camiño de Santiago ao seu paso de Mos, esceario das actuacións de Anxo Moure e Silvia Penide

O venres o Pazo de Mos acollerá este espectáculo de entrada gratuíta que aúna a un gran contador de historias cunha destacada cantautora galega

[Img #43593]O programa municipal do Concello de Mos ‘Vive o Camiño en Mos’, grazas ao seu homólogo autonómico promovido pola Xunta de Galicia, ‘Vive o Camiño 2018’, trae á localidade mosense o vindeiro venres a proposta artística conxunta do contacontos Anxo Moure e a cantautora Silvia Penide.

 

A actividade terá entrada de balde e celebrarase o venres 10 de agosto no Pazo de Mos. Ás 20.00 horas comezará a actuación do contacontos Anxo Moure coa súa particular proposta de contos e historias das árbores do Camiño Portugués, que concienciará da importancia de protexer o patrimonio forestal da ruta xacobea.

 

E ás 21.00 horas dará comezo o o concerto da cantautora galega Silvia Penide, co seu espectáculo “Feminino Plural”.

 

‘Vive o Camiño’ está a ofrecer durante este verán actividades gratuítas e dirixidas a todos os públicos, que se celebran nos concellos galegos do Camiño Portugués e do Camiño Portugués da Costa. Desde finais de xuño e ata o próximo mes de setembro, esta iniciativa de promoción e dinamización dos itinerarios xacobeos enche de música e teatro numerosas rúas e prazas das provincias de Pontevedra e A Coruña.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.