Jueves, 01 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 11 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Preto de 100 participantes en 15 artefactos protagonizan 
o domingo o ‘Flota Como Poidas’ na Ramallosa

A hilarante concentración de embarcacións arrancará ás 17:30 horas. Durante todo o día estará na Alameda a feira de oportunidades ‘Portobelo’ e ás 20:00 tocará a Banda de Música de Vincios

[Img #43635]

 

O Concello de Nigrán organiza este domingo a xa tradicional concentración de "artefactos flotantes" chamada 'Flota Como Poidas', que terá lugar ás 17:30 horas ao carón da ponte da Ramallosa, no Río Miñor e esteiro de A Foz. Preto de 100 tripulantes a bordo de 15 hilarantes embarcacións sen motor voltarán a divertir e sorprender aos milleiros de asistentes que se achegan cada ano. A recollida de dorsais será no punto de saída o mesmo domingo de 16.00 a 16.30 horas, sendo obrigatorio o uso de chaleco salvavidas (corre a cargo de cada participante).

 

O evento coincidirá como cada ano coa feira de oportunidades 'Portobelo' de Ovalmi na Alameda de A Ramallosa, cunha vintena de comercios que ofrecerán as súas mellores ofertas durante todo o día. Ademais, ás 12:30 haberá unha actuación de danza moderna da 'Escola A Paradela' e e ás 20:00 horas a Banda de Música de Vincios ofrecerá o  concerto 'Clásicos de onte' .

 

O 'Flota como poidas' consta dunha baixada de artefactos flotantes polo río Miñor con saída e chegada ao mesmo punto, nun percorrido circular. Non hai ningunha limitación para a imaxinación na construción dos mesmos, só que flote e poida navegar propulsado a remo ou a vela. O Concello premiará o artefacto flotante máis currado e o máis cutre, a tripulación máis simpática, a familia máis intrépida e participativa, o tripulante máis vello e máis novo e ao "Titanic" da edición.

 

O obxectivo primordial é achegar aos veciños e visitantes ao mar, promovendo actividades que fomenten a afición pola cultura marítima e que os máis pequenos tomen conciencia da nosa cultura marítima ao tempo que se divirten.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.