DEPORTES
Silvia González e Ricardo Rey triunfan no grove na travesía a nado do “DepoDesafío 2018”
Un centenar de deportistas nadaron pola ría de Arousa para completar os 1.200 metros que conformaron este espectacular desafío
![[Img #43654]](upload/img/periodico/img_43654.jpg)
O concello do Grove acolleu este domingo 12 de agosto a segunda proba do “DepoDesafío 2018” da Deputación de Pontevedra. Tras a carreira a pé entre Tomiño e A Guarda, coa que abriuse este programa deportivo, a vila do Salnés acolleu unha travesía a nado de 1.200 metros na que impuxéronse Silvia González e Ricardo Rey.
Tras nadar pola ría de Arousa, nun marco incomparable entre o paseo marítimo do Grove e a Illa da Toxa, o primeiro en cruzar a meta foi Ricardo Rey, cun tempo de 18 minutos e 14 segundos. Ricardo, actual líder da xeral do “DepoDesafío 2018”, foi o gran dominador desta segunda proba impoñéndose con case un minuto de vantaxe sobre Alexandre Rodríguez. Na xeral da iniciativa da Deputación de Pontevedra, tras as dúas primeiras probas, a segunda posición é para Enrique Morán, con 55 puntos menos que Ricardo Rey.
Tras a celebración das dúas primeiras probas” lideran a clasificación xeral do “DepoDesafío2018” Mónica Mezquita e Ricardo Rey
En categoría feminina a gañadora foi Silvia González, que completou os 1.200 metros da proba en 20 minutos e 32 segundos, 44 segundos máis rápida que Raquel Lago, segunda. Tras esta travesía no concello do Grove a líder da clasificación xeral é Mónica Mezquita, con 360 puntos, e a segunda é Ariana González, con 315.
Ao finalizar todas as probas organizadas pola institución provincial gañarán a muller e o home que rematen ao menos 4 probas e consigan o maior número de puntos. Tanto a gañadora como o gañador recibirán un trofeo e un dorsal personalizado e intransferible para o maratón de Berlín, voo e aloxamento para el/ela e acompañantes.
Tras esta travesía, a seguinte proba do “DepoDesafío 2018” será un trail no concello da Cañiza. Esta carreira, de aproximadamente 15 quilómetros, celebrarase o domingo 26 de agosto ás 10.30 horas. Para este trail a inscrición estará aberto, na web da Deputación de Pontevedra (https://www.depo.gal/depodesafio/probas), ata o vindeiro 21 de agosto. Tamén está aberto o prazo de inscrición para as dúas últimas probas, a de BTT de Cerdedo-Cotobade, que será o 16 de setembro, e para o tríatlon de Vigo, o primeiro fin de semana de outubro.
“Depo Desafío 2018” enmárcase no Plan Estratéxico de Deportes e consiste nun novidoso proxecto dirixido a persoas maiores de 18 anos no que se combinan probas deportivas como carreira, bicicleta e natación. Os principais obxectivos deste programa son popularizar estas probas deportivas, ao tempo que se dan a coñecer as extraordinarias vilas e paraxes por onde se desenvolven, así como promover e concienciar á poboación sobre a práctica do deporte popular no medio natural dunha maneira respectuosa, sustentable e responsable.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11