Sábado, 20 de Diciembre de 2025

Xornal21
Lunes, 13 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Lanzada foi escenario do Día Mundial da Xuventude

A través da iniciativa “Eco, un planeta en risco”, a institución provincial buscou concienciar ás nenas e nenos que participan nos campamentos sobre a necesidade de coidar a contorna

[Img #43674]

 

Os rapaces e rapazas que participan no programa DepoAventura A Lanzada convertéronse hoxe en hábiles guerreiros e guerreiras que loitan contra a contaminación e a favor do medio ambiente. Divididos en catro forzas supremas (lume, terra, aire e auga) tiveron que pasar diferentes probas e retos para derrotar ás catro faccións que dominan a terra e así manter o seu equilibrio mediombiental. Así conmemorou a Deputación, no Centro Vacacional da Lanzada, o Día Internacional da Xuventude con esta actividade denominada “Eco, un planeta en risco”.

 

A través desta iniciativa, á que asistiron a deputada de Cohesión Social, Digna Rivas e o alcalde do Grove, José Cacabelos, implicouse á rapazada que participa nos campamentos no coidado e no respecto polo medio ambiente. As nenas e nenos participaron activamente e traballaron, debateron e reflexionaron sobre a contaminación e a necesidade de preservar e coidar a nosa contorna. É un tema e un obxectivo que, dende o Goberno provincial, xa se está traballando moi activamente este ano no programa DepoAventura, que ten entres os seus fins principais a sensibilización e o coñecemento dos valores medioambientais e a prevención de lumes.  “No Día da Xuventude queremos que sexades conscientes co medio ambiente que nos rodea. Se entre todas e todos non o coidamos imos ter moitos problemas no futuro”, explicoulles Digna aos rapaces e rapazas da Lanzada.

 

 

 

 

O programa DepoAventura xa ten este ano como fin principal a sensibilización e coñecemento dos valores medioambientais e a prevención de lumes

 

 

 

 

“Eco: un planeta en risco” consistiu nun xogo no que os rapaces e rapazas se dividiron en catro grupos distintos, representados polas catro forzas supremas (lume, terra, aire, auga) que tiveron que loitar contra as catro faccións que dominan a terra e así manter o seu equilibrio medioambiental. Cada facción correspondíase con elementos distintos: a azul co cartón, a amarela cos plásticos, a marrón cos elementos orgánicos e a verde co vidro. O Rei da Atmosfera actuou como mestre de cerimonias e foi explicando as distintas probas e retos que a rapazada debía superar para ir gañando cada facción.

 

Entre outras probas que houbo que superar, por exemplo, os rapaces e rapazas tiveron que encontrar diversas enerxías e discernir se eran renovables ou non, eliminar obxectos contaminantes ou separar correctamente entre elementos orgánicos e inorgánicos. Desta maneira, e a través dunha actividade lúdica e divertida, en DepoAventura A Lanzada conseguiuse que a xuventude coñeza mellor os perigos do non coidado da contorna e a necesidade cada vez maior de coidar todo o medio que nos rodea.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.