SALVATERRA DE MIÑO
Lazoiro porá en valor o patrimonio da parroquia de Uma cunha exposición fotográfica e unha andaina
A exposición terá lugar na Casa da Sociedade da parroquia de Uma, contará con fotografías antigas da vila, planos de elementos patrimoniais e tamén haberá unha andaina fotográfica
![[Img #43681]](upload/img/periodico/img_43681.jpg)
A asociación Lazoiro realizará os días 17, 18 e 19 de agosto na Casa da Sociedade da parroquia de Uma, en Salvaterra de Miño, unha exposición fotográfica para poñer en valor a memoria e o patrimonio desta parroquia.
A apertura da exposición terá lugar o venres 17 ás 19:00h, o sábado 18 o horario será de 10:30h a 13:30h e de 18:00h a 21:00h, o domingo 18 abrirá de 10:30h a 13:30h.
Ademais de fotografías antigas, haberá paneis informativos con planos de diferentes elementos patrimoniais, entre os que destacan a Igrexa de Santo André de Uma, o seu cruceiro, ou un rexistro de diferentes castros que hai en Salvaterra de Miño.
O domingo 18 de 10:30h a 13:30h haberá unha andaina fotográfica guiada para coñecer mellor o patrimonio, non será necesario realizar inscrición previa.
Dende Lazoiro explican “esta iniciativa pretende facer un labor de divulgación do Patrimonio Cultural da parroquia de Uma, escolleuse esta parroquia pola súa singular posición xeográfica dentro do territorio do concello de Salvaterra”.
Outro dos obxectivos de realizar a exposición débese, segundo afirman “a necesidade de coñecer máis sobre a memoria nas nosas parroquias, desta forma poderemos ampliar o proxecto de recuperación fotográfica Memoria de Salvaterra, no que levamos moitos anos traballando”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180