PROVINCIA
Deputación e Federación de Axencias de Viaxe promoverán paquetes conxuntos co norte de Portugal
A presidenta da Deputación confirmou que “durante o ano 2019 terá lugar unha xornada de traballo con axencias de viaxe españolas e portuguesas para sumar sinerxías e construír un novo modelo turístico con grande potencialidade e futuro”
![[Img #43685]](upload/img/periodico/img_43685.jpg)
Carmela Silva mantivo esta semana unha reunión co presidente e vicepresidente da Federación Española de Axencias de Viaxes, Rafael Gallego e Antonio Caño, na que se abordaron cuestións relativas á creación de paquetes turísticos conxuntos entre a provincia e o Norte de Portugal, á desestacionalización e á aposta polo turismo de interior.
Máis polo miúdo, durante o encontro entre a presidenta provincial e a Federación Española de Axencias de Viaxes concretouse a organización dun encontro, para o 2019, entre axencias de viaxe españolas e portuguesas. “O obxectivo é planificar e debater, dialogar e construír paquetes conxuntos entre a provincia de Pontevedra e o Norte de Portugal, sumar sinerxías e construír un novo modelo turístico con grande potencialidade e futuro”, subliñou Carmela Silva. Neste eido, a presidenta da Deputación afondou en que “temos moitas cousas en común e debemos traballar conxuntamente e de xeito serio para ser capaces de ser atractivos en Europa e no mundo”.
Carmela Silva explicou que ás persoas responsables da Federación Española de Axencias de Viaxes “lles chama moito a atención o éxito que estamos tendo respecto ao aumento das pernoctacións durante todo o ano, algo que non está a acontecer no resto das provincias e comunidades autónomas”.
Tamén trasladou Silva a interese das axencias de viaxe por traballar conxuntamente coa institución provincial para fomentar o turismo sustentable e o turismo de interior. En concreto, a presidenta provincial informou que segundo Gallego e Caño “España ten aínda capacidade para recibir máis visitantes pero, se ven durante temporada alta a costa ten porcentaxes de ocupación que chegan ao 100%, o resto acada cifras baixas, polo que é preciso apostar polo turismo de interior”.
En canto á desestacionalización da demanda, a presidenta da Deputación de Pontevedra confirmou que a Federación de Axencias de Viaxes comparte co goberno provincial este obxectivo así como a necesidade de promover outra tipoloxía de turismo relacionada coa paisaxe, a natureza, a gastronomía, así como o patrimonio material e o inmaterial.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217