GALICIA
Xornalistas chineses visitan Galicia para coñecer os seus numerosos atractivos
Nunha viaxe promocional organizada por Turismo de Galicia, tiveron oportunidade de participar na Feira do Polbo do Carballiño, visitan amais instalacións de procesado deste produto e mesmo poden experimentar unha xornada de pesca
![[Img #43738]](upload/img/periodico/img_43738.jpg)
Un grupo de catro xornalistas chineses visitan estes días a Comunidade galega convidados por Turismo de Galicia para coñecer parte da oferta turística galega e poder transmitirlle á súa audiencia o engado do destino.
Neste ámbito, a axenda dos visitantes está orientada á enogastronomía, de xeito que xa o pasado domingo puideron asistir á Festa do Polbo do Carballiño, xunto á directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. En relación con este produto do mar, os xornalistas chineses tamén visitaron Mugardos e participaron nunha degustación de polbo á mugardesa, un dos pratos máis característicos da cociña relacionada con este cefalópodo en Galicia.
Por outra parte, os visitantes coñeceron unha factoría envasadora do Carballiño e puideron experimentar tamén unha xornada de pesca nun barco dedicado á captura do polbo na contorna da Ría de Arousa. Na súa estadía en Galicia, que se prolonga ao longo de unha semana, os xornalistas se achegan, así mesmo, á cidade de Santiago de Compostela, meta do Camiño de Santiago, e a outros bens declarados Patrimonio Mundial pola Unesco, así como a contornas rurais e urbanas relacionadas en especial co turismo cultural.
Tamén se achegan ao turismo urbano da Comunidade e a recursos relacionados coa natureza, a cultura, o Camiño de Santiago, o enoturismo ou o termalismo
Entre os recursos visitados por estes profesionais da comunicación de China tamén se atopa o termalismo, con visitas á cidade de Ourense e a outros centros termais, ademais dunha adega na que descubrir parte da oferta enolóxica galega así como varias praias para gozar do turismo de costa. No remate da súa estadía, o grupo visitará dous pazos e os seus xardíns incluídos na Ruta da camelia e, a continuación, partirán ao seu país de orixe.
Presenza en Asia
Esta viaxe prodúcese precisamente no Ano do Turismo Unión Europea-China, unha oportunidade para Galicia neste importante mercado emerxente, motivo polo que nos últimos meses o Goberno autonómico ten intensificado o seu labor de promoción no país asiático. Á participación en diversas feiras e foros como o certame China International Travel Mart (CITM), súmase a viaxe institucional en 2017 que posibilitou o establecemento de contactos con representantes da Administración de Turismo de China (CNTA) e da súa principal axencia de viaxes online, o xigante Ctrip, que realizou unha acción promocional en internet.
A Estratexia do turismo de Galicia 2020 ten entre os seus obxectivos a internacionalización da Comunidade como destino, eido no que a evolución nos últimos anos é moi salientable. De feito, en 2017 os viaxeiros internacionais acadaron un peso do 28,7% , unha cifra récord.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104