Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 21 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño celebra durante dúas semanas o 1º Campus de Atletismo, con máis de 40 nenos e nenas

As pistas do Mosteiro, a carón do colexio Pedro Caselles, serán as instalacións onde os/as participantes recibirán clases e visitas de coñecidos atletas

[Img #43870]

 

Na mañá de onte comezaba o 1º Campus de Atletismo do Concello de Tomiño, coa participación de máis de 40 nenos e nenas da zona que, durante dúas semanas, recibirán clases de monitores especializados, así coma visitas de atletas consagrados.

 

A realización deste campus de atletismo foi posible grazas á existencia do Club Sociedade Atlética Trega de Tomiño, de recente creación, que levan adiante Javier Sierpes e Patricia Pereira, tamén monitores deste campus.

 

Entre as visitas concertadas, está a do responsable de Marcha da Federación Galega de Atletismo, Carlos Morales, o luns 27 de agosto, e a da campioa de España de Xavelina (de Atlética Barbanza), Lidia Parada, o xoves 30, que acudirá acompañada polo seu adestrador, Lardo Moure. Asemade, están previstas aínda que non confirmadas, visitas doutros atletas de releve nacional e internacional, coma Xulia Vaquero, de A Guarda.

 

Explica Javier Sierpes que as visitas se organizaron pensando en amosar aos nenos e nenas as disciplinas menos coñecidas do atletismo, para que as coñezan e tomen contacto directo con elas.

 

No acto de inauguración do campus, estivo o concelleiro de Deportes, Ismael Torrón, que expresou a súa satisfacción polos niveis de participación acadados neste campus e nos demais celebrados durante o verán.
Neste sentido, sinalou que esta é a última das actividades deportivas de verán organizadas polo Concello, polas que pasaron varios centos de persoas.

 

As pistas do Mosteiro, situadas a carón do colexio Pedro Caselles, serán as instalacións onde os/as participantes recibirán as clases e visitas de coñecidos atletas. Trátase dunha pista con catro calles e 200 metros de lonxitude, e un espazo interior con céspede natural, para campo de fútbol ou outros deportes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.