TOMIÑO
A Agrupación Musical de Goián toca este venres no Seixo con tres recoñecidos intérpretes
O excepcional concerto “Ei cantar coa Agrupación Musical de Goián”, terá lugar este venres, 24 de agosto, na Praza do Seixo, dentro do ciclo cultural de verán “O Son da Praza”
Dentro do ciclo cultural de verán “O Son da Praza”, organizado polo Concello de Tomiño, a Agrupación Musical de Goián, presentará mañá venres, 24 de agosto, ás 22.30 horas, o espectáculo “Ei cantar coa Agrupación Musical de Goián”. Trátase dun innovador formato musical no que se mesturarán as voces de Rosa Cedrón, Paco Lodeiro e Miguel Ladrón de Guevara coa música da banda, para interpretar cancións tradicionais galegas e boleros clásicos, nun homenaxe especial a “Os Tamara”.
Rosa Cedrón (Monforte de Lemos, Lugo, 25 de outubro de 1972) é unha cantante galega e intérprete de violoncelo, coñecida por ser a voz durante nove anos no grupo Luar na Lubre, e colaborar en discos de músicos como Mike Oldfield. En 2016 publica Nada que perder, o seu segundo álbum en solitario.
Pola súa banda, Paco Lodeiro é presentador de televisión, imitador, produtor e actor. No ano 2017 produciu para a TVG os formatos Peregrino e Tesouros non faiado e Bo Camiño! para TVE; e dirixiu o programa concurso “Coma un allo”. É coñecida tamén a súa faceta como actor, ben polo seu papel en series de ficción como Mareas Vivas, Terra de Miranda, Galicia Express ou Libro de Familia (todas en TVG), como a súa participación en longametraxes como Arde Amor, Branca Madison e Os mortos van rápido.
Os artistas Rosa Cedrón, Paco Lodeiro e Miguel Ladrón de Guevara, acompañarán á banda para interpretar cancións tradicionais galegas e boleros clásicos
Por último, Miguel Ladrón de Guevara, é un experimentado músico coruñés máis coñecido como Miguelón, que ofrece cancións de onte, de hoxe e de sempre. O concertó deste venres constituirá, da súa man, unha homenaxe á música dos Tamara, banda referente da canción popular galega, amosando unha perfecta sintonía entre todos e todas.
A concelleira de Cultura, Cristina Martínez, fai unha valoración moi positiva do ciclo “O Son d
a Praza”, polo que pasaron centos de persoas e que remata o día 31 cun gran concerto de “A banda da loba”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149