A GUARDA
Inícianse as obras da Porta do Trega na Guarda
![[Img #44025]](upload/img/periodico/img_44025.jpg)
O mércores día 22 de agosto iniciáronse as obras do proxecto construtivo da primeira fase da Porta do Trega na zona de Chans do Monte Santa Trega da Guarda, un Ben de Interese Cultural e declarado ademais Monumento Histórico Artístico Nacional no 1931.
A maquinaria e operarios comezaron a traballar xa este mércores na primeira fase do proxecto, balizando e sinalizando a zona de obras, así como preparando os terreos para a fase constructiva.
Neste proxecto de ordenación e xestión de accesos, habilitarase un espazo que actuará coma centro de recepción aos milleiros de visitantes que cada ano acoden ao Monte Santa Trega, dignificando o acceso a este espazo, contando cunha zona de aparcamento e aseos.
Este proxecto repercutirá na posta en valor da Citania de Santa Trega e o seu entorno, un ben patrimonial de gran interese turístico, o que permitirá e dará pé a un novo sistema de xestión do Monte Santa Trega, coa posibilidade de introducir un transporte lanzadeira colectivo para a subida ao Trega dos visitantes, ademais de enlazar cos sendeiros existentes para o acceso a pé.
A execución deste proxecto realizarase en varias fases, sendo esta primeira na cal se preparará e acondicionará o terreo, cunha pavimentación especial para a redución da velocidade dos vehículos así coma a creación dos tres módulos contemplados(control e peaxe, recepción de visitantes e aseos).
Nunha segunda fase, construirase a peza crave do proxecto, o módulo de porta e nunha terceira as ampliacións e modificacións precisas no trazado do vial de acceso rodado.
En total, o espazo de edificacións comprenden unha superficie de máis de 600 m2 , baixo as directrices do proxecto redactado polo Arquitecto Mauro Lomba Martínez.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149