DEPORTES
Ariana González e Brais Misa suman un novo triunfo no “DepoDesafío 2018” tras vencer no Trail da Cañiza
Máis de 120 deportistas participaron na terceira proba do reto deportivo organizado pola Deputación de Pontevedra
![[Img #44057]](upload/img/periodico/img_44057.jpg)
O concello da Cañiza gozou este domingo 26 de agosto dun bonito trail encadrado no “DepoDesafío 2018” da Deputación de Pontevedra. Cun éxito de participación, récord ata o momento no reto deportivo da institución provincial, na meta impuxéronse Ariana González e Brais Misa.
A proba, unha carreira a pé que atravesou os montes da Cañiza cun percorrido duns quince quilómetros, foi a terceira parada do “DepoDesafío 2018” da Deputación de Pontevedra despois da carreira entre Tomiño e A Guarda e a travesía a nado no Grove. Este trail de montaña supuxo unha nova vitoria para Ariana González, na categoría feminina, e Brais Misa na masculina, porque tamén foron os vencedores da proba inaugural no Baixo Miño.
Ariana González gañou cun tempo de 1 hora, 15 minutos e 44 segundos, avantaxando en tan só 28 segundos a Uxía Fernández. A terceira en cruzar a liña de meta foi Mónica Mezquita, que actualmente lidera a clasificación xeral do “DepoDesafío 2018”. A falta de dúas probas Mónica Mezquita acumula 520 puntos, 5 máis que Ariana González. Pola súa banda, en categoría masculina, o gañador foi Brais Misa, que completou o trail da Cañiza en 59 minutos e 19 segundos, conseguindo deste xeito unha vitoria moi clara por diante de David Garrido, que acabou a proba cun tempo de 1 hora, 2 minutos e 31 segundos. Con esta nova vitoria, Brais Misa recupera o liderado da clasificación xeral cos seus 480 puntos, 35 máis que Ricardo Rey, que nesta proba foi cuarto, e cunha vantaxe de 95 sobre David Garrido.
Tras as primeiras tres carreiras, Mónica Mezquita e Brais Misa lideran a clasificación xeral do “DepoDesafío 2018”
Ao finalizar todas as probas organizadas pola institución provincial gañarán a muller e o home que rematen ao menos 4 probas e consigan o maior número de puntos. Tanto a gañadora como o gañador recibirán un trofeo e un dorsal personalizado e intransferible para o maratón de Berlín, voo e aloxamento para el/ela e acompañantes.
Tras o trail da Cañiza, a seguinte proba do “DepoDesafío 2018” será unha proba BTT en Cerdedo-Cotobade, o domingo 16 de setembro. Para esta carreira a inscrición estará aberto, na web da Deputación de Pontevedra (https://www.depo.gal/depodesafio/probas), ata o vindeiro 14 de setembro. Tamén está aberto o prazo de inscrición para a última proba, o tríatlon de Vigo, que celebrarase o primeiro fin de semana de outubro.
“Depo Desafío 2018” enmárcase no Plan Estratéxico de Deportes e consiste nun novidoso proxecto dirixido a persoas maiores de 18 anos no que se combinan probas deportivas como carreira, bicicleta e natación. Os principais obxectivos deste programa son popularizar estas probas deportivas, ao tempo que se dan a coñecer as extraordinarias vilas e paraxes por onde se desenvolven, así como promover e concienciar á poboación sobre a práctica do deporte popular no medio natural dunha maneira respectuosa, sustentable e responsable.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11