Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 28 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Máis de 1500 persoas visitaron a exposición fotográfica «Así Somos» na Guarda

[Img #44074]

 

O pasado domingo día 26 de agosto finalizou a Exposición fotográfica «Así Somos», que dende o 20 de xullo se atopaba na Sala de Exposicións da Casa dos Alonsos da Guarda, rexistrando unha gran acollida de público con máis de 1500 persoas que se achegaron a visualizar esta mostra cun total de sesenta fotografías sacadas entre os anos 2014 e 2018 onde se reflexa o día a día dos veciños da vila.

 

As obras son da autoría do fotógrafo Francés afincado na Guarda Marius Kraja, a organización e produción  da mostra correu a cargo do departamento de cultura do concello da Guarda.


A mostra fixo un repaso polos diferente oficios da vila, con especial atención ós relacionados co mundo do mar, pero tamén os momentos de ocio, as festas e tradicións, estampas de vida cotiá, conformaron o espírito desta proposta. A maiores, unha proxección recolleu máis de 200 fotografías onde o autor enfoca a vila mariñeira da Guarda dende o seu singular obxectivo.

 

Como novidade organizáronse dous obradoiros como actividades paralelas da exposición: O primeiro  sobre o oficio das redeiras a cargo da Asociación de Redeiras do Baixo Miño “ Atalaia” onde explicaron aos presentes como é o seu traballo, que utensilios empregan e cales son os diferentes tipos de redes que se poden facer, segundo o arte de pesca. O segundo obradoiro versou sobre as alfombras florais, a cargo da recentemente formada Asociación Cultural de Alfombras da Guarda. O Obradoiro «Alfombras», de carácter aberto e para todos os públicos, tivo unha gran aceptación, e os participantes recibiron explicacións sobre o traballo da confección das alfombras florais na Guarda, como funciona esta interesante labor, de recollida previa de flores, follas, así coma os deseños que ano a ano se realizan para esta ocasión e que atraen a numerosos visitantes á vila guardesa, tamén os máis pequenos puideron participar confeccionando varias alfombras florais que quedarán expostas durante algúns días neste espazo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.