GALICIA
A secretaría xeral para o Deporte avanza no deseño dun parque acuático no Complexo Deportivo de Montetrrei
O estudo de viabilidade será presentado á Secretaría Xeral para o Deporte antes do remate do presente ano
![[Img #44076]](upload/img/periodico/img_44076.jpg)
A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, acompañada por técnicos da Xunta de Galicia e por unha consultora especializada no deseño de parques acuáticos visitou na mañá de hoxe o Complexo Deportivo de Montetrrei.
Esta visita ao complexo que albergará o parque acuático é de vital importancia para o seu deseño xa que é necesario reorganizar a parcela mantendo determinados espazos deportivos que os usuarios utilizan actualmente. Así mesmo, este deseño pretende manter a contorna natural, os espazos verdes e a vexetación existente, facendo do futuro parque acuático un lugar agradable para os seus visitantes.
Deste xeito, a Xunta de Galicia traballa no deseño dun parque acuático novo e atractivo, cun investimento próximo aos 6 millóns de euros e unhas dimensións ao redor dos 35.000 metros cadrados. Estes datos serán cuantificados definitivamente de acordo ao resultado do estudo de viabilidade, que será presentado á Secretaría Xeral para o Deporte antes do remate do presente ano.
Para a previsión de uso do parque terase en conta a poboación residente, así como as visitas grupais de provincias limítrofes e do norte de Portugal. O futuro parque estará deseñado pensando na familia, tendo en conta as posibilidades de lecer que rodean a este espazo e que forman parte do actual Complexo Deportivo. A eficacia na xestión e a eficiencia enerxética serán aspectos fundamentais para obter unha instalación co maior rendemento social e económico posible.
O deseño e construción do parque acuático do Complexo Deportivo de Monterrei é unha actuación que a Xunta de Galicia realizará conxuntamente coa Deputación de Ourense.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168