Viernes, 19 de Diciembre de 2025

Xornal21
Martes, 04 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Feira Internacional de Galicia ABANCA acollerá o 8 e 9 de decembro o Campionato de España conxunto de Rottweiler, Boxer e Dobermann

Esta competición, que terá clasificacións independentes para cada raza, será na modalidade de traballo (IPO)

[Img #44159]

 

A Feira Internacional de Galicia ABANCA acollerá os días 8 e 9 de decembro o campionato conxunto dos clubes de Rottweiler, Boxer e Dobermann de España, os tres máis importantes e antigos tras o do Pastor Alemán.

 

Este Campionato Nacional estará organizado polo Club Rottweiler de España (C.R.E), o cal ten sede en Galicia e ao que lle corresponde este ano dirixir esta cita conxunta que as tres entidades acordaron realizar anualmente dende 2015. A competición, que contará con entrada gratuíta, formúlase como unha fin de semana dedicada ás tres razas protagonistas e á modalidade de traballo (IPO), é dicir, rastreo, obediencia e protección.

 

Os cans inscritos poderán participar en todos os grados incluídos na competición, aínda que soamente será campión de España de cada raza o can que gañe o 3. Os grados serán IPO 1, 2 e 3, os cales van de menor a maior número de exercicios e de menos a máis dificultade. Ademais, realizaranse tests de sociabilidade en todas as razas.

 

As probas levaranse a cabo no ring do recinto feiral, a excepción das de rastro, as cales se farán en fincas do concello de Silleda que contan con características específicas esixidas polo regulamento para levalas a cabo.

 

As clasificacións finais deste Campionato Conxunto XXIII do Club Rottweiler de España, XXII do Boxer Club de España e do Dobermann Club de España serán independentes. Así, unha vez rematado o campionato realizarase unha clasificación final por raza, ao igual que a entrega de premios e a clasificación para o seu mundial. O xulgamento correrá a cargo do xuíz galego Antonio Lanzó.

 

Por outra banda, realizaranse exames para ser figurante, o “home malo” ao que os cans morden nas probas de defensa, o cal debe demostrar as súas aptitudes e coñecemento do regulamento.

 

O Rottweiler na FIGA

O Club Rottweiler de España xa escollera a Feira Internacional de Galicia ABANCA (FIGA) para organizar un campionato nacional de traballo, o cal foi o último desta raza celebrado na Comunidade ata o momento. Tivera lugar os días 13 e 14 de abril de 2013, ano no que esta entidade tamén levara a cabo no recinto o Campionato do Mundo de Rottweiler, entre o 18 e o 20 de outubro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.