MOS
Areválo califica de "ridícula e falsa" a argumentación de GañaMos dos costes de compras do Concello
A rexedora sinala que "comparan o prezo dunha pancarta adquirida por eles co de 4 mercadas polo Concello que teñen unhas dimensións de máis do dobre de tamaño"
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, fixo esta semana declaracións respecto da última nota de prensa difundida nun medio local por GañaMos Asamblea Municipal. “Lamentable e ridícula unha vez máis a intervención hoxe do grupo municipal GañaMos nos medios de comunicación denunciando sobrecostes nas compras realizadas polo Concello e empregando para elo argumentos terxiversados, ilóxicos, e engañosos”, declara a rexedora local.
Arévalo explica que “fan referencia estes señores a unha pancarta municipal que se mercou para as manifestacións polo restraso das obras na A-55 por 850 euros, pois ben, ahí está a primeira mentira; xa que ese importe pagouse por 4 pancartas non por unha. Desas 4 pancartas, 2 tiñan unhas dimensións de 4,2 metros por 70 centímetros e outras 2 (que foron as que se colocaron a ambos lados da ponte que cruza a autovía) medían 8 metros de longo por 70 centímetros de ancho; fronte aos pouco máis de 2 metros de longo que medía a súa pancarta, esa que eles definen como 'algo máis pequena' e que din lles valeu 40 euros”.
“Segunda mentira:”, continúa a alcaldesa, “GañaMos asegura que o proveedor da súa pancarta sabía que ía cobrar en tempo e forma, o contrario que os proveedores do Concello. Pois ben, as 4 pancartas adquiridas pola administración atópase xa aboadas, “en tempo e forma” como lle gusta a GañaMos”.
Nun comunicado emitido polo Concello sinalan que "cómpre apuntar tamén que as características técnicas das pancartas municipais e da de GañaMos eran moi diferentes non só polas súas dimensións, senón porque as do Concello foron realizadas en impresión dixital e estaban dotadas de hollados de polipropileno con reforzo para poder ser colgadas, o que lóxicamente incrementa o seu custe".
E por último especificou Nidia Arévalo que “o proveedor que surtiu ao Concello é unha empresa de Mos en situación regularizada, que paga os seus impostos e que ten prezos reais de mercado. E que non ten ningún tipo de relación persoal co goberno local. Datos estes todos veraces e demostrables, quizais GañaMos non poida dicir o mesmo”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126