MOS
Comezan as obras de mellora integral da estrada Puxeiros-Peinador
Alcaldesa e concelleiro de Vías e Obras visitaron a zona obxecto do proxecto de optimización da seguridade viaria
![[Img #44170]](upload/img/periodico/img_44170.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro mosense de Vías e Obras, Luis Alonso, o enxeñeiro da Deputación de Pontevedra, e responsables da empresa construtora adxudicataria da obra de mellora integral da estrada provincial EP-2603 Puxeiros-Peinador, visitaron a zona obxecto dos traballos de optimización para realizar labores de supervisión previos ao inicio das obras, que será inminente.
A actuación consistirá na rehabilitación integral do firme da estrada, na instalación de sistemas de barreiras de seguridade para motociclistas, elementos de redución da velocidade de tráfico e nova iluminación; así como na renovación do abastecemento de auga e a drenaxe. As obras teñen un orzamento de 632.857,31 euros financiado pola administración provincial e supoñerán unha importante mellora na seguridade viaria para todos os usuarios da vía, tanto peonís como motorizados.
A estrada Puxeiros-Peinador rexistra unha alta intensidade de tráfico, sobre todo de vehículos pesados e ten gran capacidade vertebradora dentro do municipio, debido a que conecta o núcleo urbano de Puxeiros co aeroporto, o IFEVI e a zona industrial do Rebullón. O tráfico que soporta é moi elevado debido ao importante número de naves de almacenamento e loxística que utilizan esta vía de acceso. Actualmente existen problemas que reducen a seguridade da vía, tales como o mal estado xeral dos pavimentos, a insuficiente iluminación, falta de elementos de contención adaptados a motoristas en curvas perigosas (barreiras de seguridade), sistemas puntuais da drenaxe mal resoltos, beirarrúas con danos puntuais e mal estado da sinalización horizontal e vertical e do abastecemento, con constantes roturas que provocan danos estruturais ao firme.
Por todo iso, as actuacións nas que se centra o proxecto son rehabilitación superficial do firme, mellora da sinalización e dos sistemas de contención, mellora da seguridade viaria mediante a colocación de reductores de velocidade; e actuacións complementarias.
O proxecto de mellora da seguridade viario na EP-2603, Puxeiros-Peinador, comezará a acometerse nos vindeiros días cun prazo de execución de tres meses. A estrada EP-2603 que une Puxeiros con Peinador pertence á rede de estradas da Deputación de Pontevedra, e discorre dentro do municipio de Mos. O ámbito de actuación do presente proxecto comprende a práctica totalidade da estrada, cunha lonxitude aproximada de 2.759 metros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126