Sábado, 25 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 25 de Abril de 2026 a las 10:20:30 horas

Xornal21
Jueves, 30 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

Amplíase o prazo de solicitude de axudas para vivenda e enxoval aos veciños de Tui afectados pola explosicón pirotécnica

Vázquez Mourelle pídelle ao Goberno de España que “en vez de poñerse de perfil, arrime o ombreiro para axudar aos veciños de Paramos"

[Img #44174]

 

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo onte un encontro co alcalde de Tui, Carlos Vázquez, e con representantes dos veciños afectados pola explosión pirotécnica, na que avanzou a ampliación nun mes do prazo para solicitar axudas para vivenda e enxoval.

 

Vázquez Mourelle explicou que o prazo remataba a vindeira semana, o 6 de setembro, pero alóngase para que os veciños teñan máis tempo para decidirse a solicitar estas axudas e reunir a documentación necesaria.

 

Subliñou que a Xunta xa ten concedido as 21 subvencións para aloxamento provisional que cumprían os requisitos e no marco das axudas destinadas a reparar as vivendas e enxoval doméstico, foron 107 as solicitudes presentadas e obxecto de resolución favorable 66 expedientes, axudas por importe de 1,5 M€, dos que xa están aboados máis do 40%.

 

 

 

 

Subliña que a Xunta concedeu 21 subvencións para aloxamento provisional e das 107 solicitudes de axudas para reparar vivendas e enxoval, 66 expedientes teñen resolución favorable, cun importe de 1,5 M€, dos que  están aboados máis do 40%

 

 

 

 

Fixo fincapé en que as axudas activadas desde os distintos departamentos da Xunta superan os 8 millóns de euros e son compatibles coas doutras administracións, polo que é fundamental que se impliquen tamén o Goberno central ou a Deputación Provincial.

 

A conselleira insistiu en que as dimensións do acontecido en Paramos fan necesaria a colaboración de todas as administracións e nesta liña pídelle ao Goberno de España que “en vez de poñerse de perfil, arrime o ombreiro para axudar aos veciños".

 

A Xunta reiterará de novo, tras facelo xa o presidente da Xunta no encontro con Pedro Sánchez en xullo, que o Goberno central asuma as tarefas de desentullo, complemente as axudas autonómicas e arbitre os mecanismos para ofrecer beneficios fiscais aos afectados,  para que as subvencións queden exentas do Imposto da Renda ás Persoas Físicas.

 

A titular autonómica de Vivenda tamén lamentou a pasividade da Deputación provincial, limitándose a ofrecer ao Concello a posibilidade de presentarse a convocatorias non específicas para este desastre.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.235

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.