MOS
Arranca O Son do Pazo coas actuacións de Leilía e H2Folk
A banda de gaitas anfitrioa, Airiños do Castelo, será a encargada de abrir os concertos da cuarta
edición do Festival Intercéltico de Mos
![[Img #44183]](upload/img/periodico/img_44183.jpg)
O Festival Intercéltico ‘O Son do Pazo’ chega este ano á súa cuarta edición cun cartel de luxo. Mañá, venres 31 de agosto, arranca a programación a partir das 22:30 horas coa música dos anfitrións, a Banda de Gaitas Airiños do Castelo, no escenario instalado a carón do Pazo de Mos. A súa actuación servirá de aperitivo para o espectáculo de Leilía, unha formación que despois de vinte anos de traxectoria segue levando polos escenarios de toda Galicia unha das propostas máis interesantes da música de raíz actual. Tras elas, o trío H2Folk protagonizará un fin de festa por todo o alto para a primeira noite do Festival.
O sábado haberá festa sen descanso ao longo de todo o día. A partir das 12 horas, os distintos grupos de baile do concello de Mos xuntaranse no recinto do festival para protagonizar unha nova edición do festival BailaMos e xusto despois, A Vacaloura Vermella encargarase de poñer a música nunha sesión vermú moi animada.
Pola tarde, a partir das 16:30 horas, As Maimiñas ofrecerán un espectáculo dirixido especialmente ao público infantil e ás 19:30 horas a contorna do Pazo acollerá un obradoiro de baile galego. O encargado de dirixir esta clase maxistral, aberta a todos os públicos, será Xisco Feijóo, que recibirá ademais o Premio Mestre Machiño 2018. O bailarín e divulgador da cultura tradicional toma o relevo de Xaime Estévez, que recibiu o ano pasado o galardón que leva o nome do antigo mestre de baile do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos, co que se quere recoñecer ás persoas que traballaron para divulgar e manter viva a música e a cultura tradicional galega.
A programación deste ano inclúe actividades para os máis pequenos e un obradoiro de baile galego a cargo de Xisco Feijóo
O sábado pola noite, trala actuación da Treboada Baixo Miño, chegará un dos momentos máis especiais do festival coa actuación de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, un dos espectáculos máis aclamados da escena folk galega actual. Tras eles, BackWest fará historia ao converterse na primeira banda irlandesa que leva a súa música ao escenario do Son do Pazo, consolidando deste xeito o carácter internacional do Festival. E os encargados de pechar a festa serán Andoa, que levarán ao festival os ritmos das tradicións musicais de Irlanda, Escocia e Galicia.
Cuarta edición do Festival
O Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos é a entidade encargada de organizar o Festival Intercéltico O Son do Pazo, que conta coa implicación do Concello de Mos como colaborador e patrocinador principal. O evento chega este ano á súa cuarta edición consolidado xa entre as citas máis destacadas do calendario de festivais de música folk de Galicia. A Comunidade de Montes de Mos e a Fundación Pazo de Mos colaboran tamén na organización da festa, que nesta edición conta ademais co patrocinio da Xunta de Galicia, Agadic, a Deputación de Pontevedra e Mahou.
O SON DO PAZO 2018 Programa
VENRES, 31 DE AGOSTO 22:30h Concertos:
- Airiños do Castelo
- Leilía
- H2Folk
SÁBADO, 1 DE SETEMBRO 11:00h Festival BailaMos
13:30h Sesión Vermú:
- A Vacaloura Vermella
16:30h Espectáculo infantil:
- As Maimiñas
18:30h: Treboada Baixo Miño
19:00h Obradoiro de baile:
- Xisco Feijóo
21:30h: Treboada Baixo Miño
21:30h Concertos:
- Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre
- Backwest (Irlanda)
- Andoa

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126