Lunes, 08 de Diciembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 05 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Comezan as obras do novo Parque da Auga da Pesqueira

A área de lecer incluirá zonas de descanso, xogo e deporte para nenos e adultos nun lugar moi transitado polos usuarios do paseo fluvial do Louro

[Img #44229]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o arquitecto municipal, supervisaron a semana pasada o inicio das obras do Parque da Auga da Pesqueira, xunto ao Paseo do Louro ao seu paso pola parrquia de Mos, no que se investirán preto de 180.000 euros.

 

Os traballos fináncianse con cargo a dúas axudas, unha autonómica e outra provincial. Os labores que asume a axuda da Xunta de Galicia -por parte da consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia que dirixe a conselleira Beatriz Mato- comezaron esta mesma semana e consisten en obras de acondicionamento e restauración ambiental e paisaxística mediante desbroce, poda, control de vexetación, acondicionamiento e regularización do terreno; así coma na plantación de árbores de especies autóctonas e plantas.

 

Por outra banda, para a parte da obra que se financia con cargo ao Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra, celebrouse onte a Mesa de Contratación no Salón de Sesións do Concello de Mos, de xeito que os traballos iniciaranse tamén canto antes.

 

Os detalles do parque

A execución das obras do Parque da Pesqueira conleva a instalación de diversos equipamentos tales coma zona de xogos de auga, zona de elementos biosaudables, e zona de xogos infantís; e incluirá a instalación de rego, sistema de alumeado, rede de saneamento e abastecemento, e unha caseta de control para a rede de abastecemento de auga. Os traballos completaranse cos labores de xardinería e instalación de mobiliario.

 

A área de xogos persegue o obxectivo da inclusión de tódolos nenos, tendo en conta ás posible minusvalías que poidan sufrir, conseguindo deste xeito que tódolos nenos se integren totalmente no xogo e que poidan acceder facilmente ás instalacións, tanto os nenos como os pais ou acompañantes.

 

O Concello de Mos adquiriu mediante compra a particulares 4.000 metros cadrados de terreos para a realización do novo parque na Pesqueira que incluirá diversas áreas de xogo para distintas idades, zonas de recreo e lecer, e un Parque da Auga.

 

A idea de incluír un novo Parque de Auga surxiu da enorme afluencia e o gran éxito que ten o xa existente Parque da Auga de Sanguiñeda. “Agora con este novo proxecto crearemos un Parque da Auga a maiores no outro extremo do municipio e nunha zona, como é o Paseo do Louro, enormemente transitada e concorrida pola veciñanza mosense, tanto para facer deporte como para pasear ou compartir o tempo de lecer cos máis cativos das familias”, declarou Arévalo.

 

A alcaldesa considera que “con este novo parque lograrase que o Paseo do Louro continúe crecendo en número de visitas e visitantes –xa que é un dos principais atractivos naturais do municipio, sendo xa unha zona moi transitada e cunha gran demanda- ao incluír un atractivo maior: un espazo que aglutinará zonas de ocio para todas as idades e onde poderán divertirse xuntos avós/as con netos/as, pais/nais con fillos/as, etc.” E é que o actual parque da Pesqueira, situado tamén xunto ao paseo pero do outro lado da estrada, conta só con elementos infantís e debido á gran afluencia diaria de familias quédase xa pequeno.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.