Lunes, 08 de Diciembre de 2025

Xornal21
Viernes, 31 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

222 cativos mosenses participaron este ano no campamento infantil estival Mañás de Verán

Esta mañá celebrouse a festa de clausura que contou co equipo do Servizo Municipal de Emerxencias para que os cativos se refrescaran

[Img #44231]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Educación mosense, Camilo Augusto, acompañaron no Colexio Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos aos nenos e nenas mosenses que participaron nas catro quendas do campamento infantil estival Mañás de Verán, durante a festa de clausura que se organizou para eles/as.

 

Durante a celebración puideron participar en diversos xogos, gozar nos dous hinchables xigantes instalados no patio de recreo do centro educativo, organizóuselles unha merenda moi especial, e contaron cos camións motobomba e o equipo humano do Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Mos, grazas ao que puideron refrescarse bañándose coa auga das mangueiras.

 

Este ano participaron nas Mañás de Verán un total de 222 rapaces/as, 38 máis que o ano pasado, cando foron un total de 184 os cativos participantes.

 

Cada unha das catro quendas do campamento tivo unha duración de quince días. Trátase dunha iniciativa dirixida a nenos e nenas 3 a 12 anos de idade. O campamento lévase a cabo nas instalacións do colexio Mestre Martínez Alonso (Castro-Mos), en horario de 9.00 a 14.30 horas. Os días 25 de xullo, 7 e 15 de agosto non houbo campamento, xa que foron días festivos. E hoxe venres, día 31 de agosto, realizouse a festa de despedida, á que podían asistir os nenos/as de todas as quendas.

 

Os representantes locais, Arévalo e Augusto, destacaron “a importancia que este programa municipal ten sobre todo no que respecta á conciliación da vida familiar e laboral nunha época do ano na que os/as nenos/as están de vacacións e os pais/nais deben seguir acudindo aos seus postos de traballo”.

 

“Ademais de contribuír a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos proxenitores, ofertámoslles aos cativos unha alternativa de lecer educativo que combina didáctida e diversión, fomentando a educación en valores a través do xogo”, explicaron a rexedora local e o edil de Educación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.