MOS
A Xunta supervisa as obras de acondicionamento do nó de Sanguiñeda
O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e a alcaldesa Nidia Arévalo achegáronse hoxe ata a zona para comprobar o avance dos traballos
![[Img #44316]](upload/img/periodico/img_44316.jpg)
O delgado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves desprazouse hoxe ata o municipio de Mos para supervisar o avance dos traballos que a Consellería de Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), está a executar no nó de Sanguiñeda entre a N-120 e a N-550. Unha actuación financiada integramente polo Goberno galego, á que o Concello deu prioridade co obxectivo de reordenar os espazos para darlle unha maior protagonismo aos tráficos peonís.
Na visita, na que estivo acompañado pola alcaldesa Nidia Arévalo, o tenente alcalde, Alberto Méndez, o concelleiro de Vías e Obras, Luis Alonso, o edil mosense de Limpeza, Parques e Xardíns e Revalorización de Espazos Públicos, Cándido Pérez, técnicos da Consellería de Infraestruturas e Vivenda e da empresa que está a executar as obras de acondicionamento desta contorna; o representante autonómico constatou que os traballos avanzan a bo ritmo e en cumprimento dos prazos. O prazo de execución é de 18 meses e estará finalizada no mes de marzo.
O orzamento de licitación desta actuación supera os 825.000 euros
O orzamento de licitación desta obra ascende a máis de 825.000 euros, aínda que se engadiron certas melloras ao proxecto que elevan a inversión a preto de 1 millón de euros. O obxectivo da urbanización deste vial de titularidade municipal é incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galego, tal e como asegurou López-Chaves.
En canto á rede autonómica, a Consellería de Infraestruturas está a realizar importantes esforzos en materia de conservación de estradas, con actuacións que non só se limitan ás tarefas ordinarias de conservación, senón que ademais se complementan con obras de conservación extraordinarias.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126