TOMIÑO
AcuBam resalta a importancia da comunicación dixital nas empresas con xornadas abertas
A actividade terá lugar o xoves 13 de setembro pola tarde, no salón de plenos municipal
A Asociación de Cultivos Baixo Miño (acuBam), organiza unha xornada formativa aberta ao público, o vindeiro xoves 13 de setembro, sobre "A importancia da comunicación dixital nas estratexias comerciais das empresas". A actividade, que conta coa colaboración de Abanca, VEMARGALICIA, Deputación de Pontevedra e Concello de Tomiño, celebrarase no salón de plenos do Concello de Tomiño, a partir das 18.30 horas. Durante as xornadas, a asociación aproveitará para facer pública a nova páxina web de acuBam.
As xornadas contan coa colaboración de Abanca, VEMARGALICIA, Deputación de Pontevedra e Concello de Tomiño
“Nun esforzo por mostrar ao exterior as fortalezas, capacidades e oportunidades do sector agro na comarca do Baixo Miño, organízase un foro sobre comunicación dixital, cuxo obxectivo é reforzar a mensaxe da importancia da comunicación como ferramenta estratéxica de competitividade e que contará con expertos na área de comunicación que nos darán as claves para alcanzar os obxectivos comerciais que nos propomos desde as políticas de comunicación empresariais”, explican os organizadores. “Dende acuBam enténdese a importancia que ten hoxe en día unha boa comunicación intersectorial e extra-sectorial, como factor de diferenciación, posicionamento e competitividade empresarial. Non podemos esquecer que estamos na era dixital, a cal nos ofrece diferentes ferramentas que podemos adaptar aos nosos contextos, para traballar máis efectivamente a comunicación nas nosas empresas”, indican dende a asociación de cultivos.
O evento pecharase cun viño no mercado de Tomiño, no que poderase establecer contactos e identificar sinerxias entre os asistentes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60