Sábado, 25 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 25 de Abril de 2026 a las 22:28:35 horas

Xornal21
Lunes, 10 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

A Policía Local de Tui precinta a pirotécnia La Gallega

A empresa é propiedade de Francisco Lameiro, imputado pola explosión de Paramos

Tal como estaba previsto, as 9.00h de hoxe a Policia Local de Tui acompañada de técnicos municipais e en presenza da Guarda Civil de Tui, o Grupo de intervención de Arma e explosivos de Pontevedra ademáis da propiedade e a súa representación legal, personouse na instalacións de pirotecnia La Gallega S.L. para proceder ao seu precintado.


O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, acompañado polo concelleiro de Seguridade, Antonio Castro Negro, desprazáronse tamén até Baldráns, lugar onde está situada a empresa pirotécnica.


Despois de realizar unha visita ao interior da empresa, tomouse  decisión de non realizar o levantamento topográfico xa que no interior da factoría aínda se almacena material pirotécnico, inmediatamente despois a Policía Local procedeu ao seu precinto.


A visita e o precintado se fixeron baixo a supervisión do edil de seguridade Antonio Castro Negro.


O alcalde recordou que hai unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza do ano  2015, que el leva no cargo solo 10 meses pero que é vontade do concello cumprir esa sentenza, como demostra o precinto de hoxe.


No interior dalgunhas casetas había material cuxa retirada está sendo tramitada pola empresa propietaria e que debe ser retirado antes de calquera actuación no interior da pirotecnia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.